Aviso familias: Xuntanza Actividades Extraescolares 2025-2026

26.06.2025

Prezadas familias:

Tal e como vos adiantamos na nova anterior, o luns 30 de xullo de 17:00 a 18:00 horas terá lugar na biblioteca do centro unha xuntanza aberta a todas as familias para explicar o proxecto deseñado en torno ás actividades extraescolares para o curso 2025-2026.

Na xuntanza, contaremos cos técnicos responsables das diferentes entidades (Federación de ANPAs, Sonicreques) que explicarán o proxecto pedagóxico das actividades extraescolares e aclararemos calquera dúbida que teñades.

Para que poidades acudir e conciliar, contaremos cun servizo de educadores e animadoras que estarán dinamizando e acompañando aos nenos e nenas.

O período de inscrición para as actividades que aparecen no cadro proposto está pendente de publicar por parte de Federación, pero informaremos puntualmente no momento de ter que facelo.


Por último, lembrarvos que na seguinte ligazón dispoñedes de toda a información para asociarvos e poder participar nas diferentes actividades e proxectos que nos agardan neste curso escolar 2025-2026:

Moitas grazas e contamos coa vosa presenza.