Xuntanza informativa sobre a implantación da nova normativa de comedores escolares

23.03.2026

Prezadas familias:

Con motivo da próxima aplicación da nova normativa derivada da Lei de Alimentación Saudable e Sostible, a empresa Arume, responsable do servizo de comedor no noso centro, convoca a todas as familias con alumnado usuario —ou familias non usuarias que desexen obter máis información— a unha xuntanza informativa o martes 24 de marzo ás 18:00 horas, na biblioteca do centro.

Na sesión contaremos coa presenza dunha nutricionista, que explicará as principais novidades e resolverá todas as dúbidas que poidan xurdir sobre os cambios previstos nos menús escolares e na organización do servizo.

Ademáis, habilitamos na nosa web unha nova sección informativa onde podedes consultar, de maneira clara e actualizada, as medidas que irán entrando en vigor nos próximos meses. Podedes acceder a través da seguinte ligazón, dentro da sección 🔽 Servizos ➡️ Comedor e Madrugadores: