Multideporte 2024-25

Na actividade de predeporte e multideporte, metémonos de cheo no baloncesto, hóckey e rugby, aínda que tamén levamos a cabo xogos alternativos menos coñecidos pol@s nos@s nen@s.

Iniciámonos nos deportes. Inicio de curso no que probamos diferentes deportes coñecidos e outros non tan coñecidos polos nosos nenos e nenas. Durante este primeiro trimestre, probaron o pata-beisbol, colpbol e desenvolveron habilidades máis específicas no baloncesto, balonmán e voleibol.