Novas COVID-19

Todos os membros da directiva da ANPA RASA esperamos e desexamos que vos atopedes ben de saúde, e que dentro desta "nova normalidade", pasásedes unhas boas vacacions. Xa estamos en setembro, e despois deste verán atípico e complicado, sabemos que a incerteza é grande para tódalas familias nesta estraña volta ao cole.

Queremos compartir con vos a opinión da Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos con respecto á publicación do borrador do protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/2021.

Na seguinte ligazón publicamos o borrador do Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021: