Actividades extraescolares 2022-2023
O seguinte cadro recolle a proposta de actividades extraescolares deseñada a partir dos resultados obtidos na enquisa previa para o curso 2022-2023, en horario de 16 a 18 horas, de luns a venres.
Podedes formalizar a INSCRICIÓN no portal da Federación de ANPAs do 12 ao 18 de setembro de 2022, na seguinte ligazón
Cadro de actividades
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES | |
---|---|---|---|---|---|
16 A 17 |
LUDIVERSO | ||||
SONICREQUES Infantil |
PREDEPORTE 1º e 2º Primaria |
PREDEPORTE 1º e 2º Primaria |
SONICREQUES Infantil |
||
XOGOS MOTORES Infantil |
INGLÉS Infantil |
XOGOS MOTORES Infantil |
INGLÉS Infantil |
||
BAILE MODERNO 3º 4º 5º e 6º Primaria |
BAILE MODERNO 3º 4º 5º e 6º Primaria |
||||
17 A 18 |
LUDIVERSO | ||||
SONICREQUES 1º 2º e 3º Primaria |
MULTIDEPORTE 3º 4º 5º e 6º Primaria |
INGLÉS 4º 5º e 6º Primaria |
MULTIDEPORTE 3º 4º 5º e 6º Primaria |
SONICREQUES 4º 5º e 6º Primaria |
|
BAILE MODERNO 6º Infantil, 1º e 2º Primaria |
INGLÉS 1º 2º e 3º Primaria |
BAILE MODERNO 6º Infantil, 1º e 2º Primaria |
INGLÉS 1º 2º e 3º Primaria |
INGLÉS 4º 5º e 6º Primaria |
Na ligazón inferior podedes acceder a un formulario de NOVAS PROPOSTAS para achegarnos outras actividades que sexan do voso interese. Este formulario só serve para coñecer a demanda real de cada actividade e o voso interese noutras, pero non implica a inscrición na actividade, a cal debe facerse exclusivamente accedendo á web da Federación de ANPAs.
LUDIVERSO
Baixo a denominación Ludiverso e atendendo ás vosas peticións, deseñamos un programa que garante unha actividade complementaria de calidade e calidez.
É unha actividade pensada para aquelas nenas e nenos que, por necesidades de conciliación da súa familia, permanezan na escola ata as 17 ou ata as 18 horas. A actividade contará cun equipo estable de educadoras multidisciplinar na que, en diferentes grupos de idade, mesturan unha actividade lúdica e variada, compartida cun grupo de referencia de iguais.
En Ludiverso mestúranse actividades culturais e artísticas, así como deportivas, xogos e proxectos. Unha aventura dinámica na que o grupo experimentará diferentes actividades complementarias e que supón unha experiencia lúdica, persoal e social moi enriquecedora para os nenos e nenas.
Ludiverso inclúe actividades do programa de Deporte no Centro, que pretende favorecer o desenvolvemento integral do alumnado a través da práctica da actividade física e deportiva. Por todo isto, as propostas están adaptadas ao nivel madurativo dos participantes, comezando co xogo como recurso lúdico e pedagóxico na etapa de Educación Infantil e o deporte nos últimos anos de Educación Primaria. Para os primeiros cursos de Primaria óptase polo predeporte e outras propostas que se sitúan a cabalo do xogo e o deporte.
A metodoloxía empregada baséase nun modelo participativo e activo de todos os membros do grupo que, independentemente do seu nivel de habilidade, logre que se sentan a gusto na actividade. Unha metodoloxía que desenvolva aspectos como a creatividade, a experimentación múltiple, a resolución de conflitos e o crecemento persoal.
Ludiverso inclúe tamén a actividade de lecer de Arte e Cultura no Centro, unha proposta de ocio educativo que complementa a xornada lectiva, persegue o desenvolvemento integral (físico, intelectual e social) dos nenos e nenas nunha contorna lúdica, de diversión e entretenemento (aprender xogando) e comprende un amplo abano de actividades artísticas e culturais. Organízase a través de dúas propostas diferenciadas:
- Obradoiros: actividades multidisciplinares que abranguen diferentes áreas de contidos artísticos e culturais baixo unha estrutura de talleres. Trátase de espertar o interese e desenvolver diferentes habilidades segundo o contido de cada un deles, empregando o xogo como ferramenta educativa e de socialización. Actividades culturais e artísticas coma o teatro, ciencia divertida, lóxica matemática, novas tecnoloxías, animación á lectura, etc.
- Proxectos: actividades nas que, partindo dun centro de interese ou tema motivador e baixo a metodoloxía de traballo por proxectos, desenvolveranse diferentes actividades multidisciplinares nas que os verdadeiros protagonistas serán os nenos e nenas xerando a súa propia aprendizaxe (aprendizaxe significativo) a través da indagación/investigación e experimentación, fomentando á vez o espírito crítico e o traballo en grupo. Actividades multidisciplinares segundo á temática. Un centro de interese por trimestre
A INSCRICIÓN nesta actividade farase para os cinco días da semana, existindo dous posibles horarios de recollida: ás 17 ou ás 18 horas. Os venres, a actividade será proxectos, polo que todas as nenas e nenos inscritos, tanto con saída ás 17 como ás 18, poderán participar na actividade dese día de 16 a 18 horas.
A INSCRICIÓN pode facerse a través do formulario de inscripción por cada alumno ou alumna no portal da Federación de ANPAs: https://www.fedapascoruna.org/inscripciones
PERIODO DE INSCRICIÓN: do 12 ao 18 de setembro.
PERIODO DE REALIZACIÓN: do 1 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023.
PREZOS: O custo da actividade é:
- De luns a venres con saída ás 17 horas (e posibilidade de participar os venres en proxectos de 16 a 18 horas): 15€/mes por alumno ou alumna.
- De luns a venres con saída ás 18 horas: 25€/mes por alumno ou alumna.
Os escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2022-23.
As familias beneficiarias de bolsa comedor están exentas do pago de cotas e só aboarán o importe correspondente ao seguro de accidentes
SONICREQUES
Sonicreques é un proxecto de educación musical no que os nenos e nenas desenvolven as súas capacidades mediante o xogo e aprenden conceptos musicais básicos. Ademais realizan unha iniciación instrumental que lles permite coñecer as suas capacidades e gustos musicais.
Impártese nas seguintes modalidades:
- INFANTIL: Luns ou Venres de 16h a 17h.
- 1º, 2º e 3º de PRIMARIA: Luns de 17h a 18h.
- 4º, 5º e 6º de PRIMARIA: Venres de 17 a 18 h.
PERIODO DE INSCRICIÓN: dende o 12 ata o 18 de setembro.
PERÍODO DE REALIZACIÓN: do 1 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023.
PREZOS: O custo da actividade é de 15€/mes por alumno ou alumna.
A INSCRICIÓN pode facerse nas datas indicadas mediante o formulario que atoparedes na súa web ou no enlace oposterior, o cal teredes que descargar, cubrilo e escanealo ou facerlle unha foto e envialo por correo electrónico a sonicreques@gmail.com
Máis información na súa web: https://sonicreques.wordpress.com/
XOGOS MOTORES INFANTIL
Esta actividade deportiva forma parte do programa de Deporte no Centro da Federación de ANPAs e impártese en formato de 2 horas semanais para os grupos de Educación Infantil.
É unha actividade con propostas baseadas na mellora da motricidade xeral a través do xogo, orientadas a desenvolver as capacidades motrices, con especial incidencia nos elementos fundamentais das perceptivo e as socio-motrices xenéricos.
Plantexa obxectivos como adquirir hábitos hixiénicos e saudables directamente relacionados coa práctica de actividades motrices e deportivas, desfrutando da actividade motriz e deportiva como un medio para sentirse a gusto consigo mesmo e cos demais.
A INSCRICIÓN pode facerse a través do formulario de inscripción por cada alumno ou alumna no portal da Federación de ANPAs: https://www.fedapascoruna.org/inscripciones
PERIODO DE INSCRICIÓN: do 12 ao 18 de setembro.
PERIODO DE REALIZACIÓN: do 1 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023.
PREZOS: As cuotas a abonar para esta actividade son:
- Trimestre outubro-decembro: 15€ por alumno ou alumna.
- Trimestre xaneiro-marzo: 15€ por alumno ou alumna.
- Bimestre abril-maio: 10€ por alumno ou alumna.
Os escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2022-23.
As familias beneficiarias de bolsa comedor están exentas do pago de cotas e só aboarán o importe correspondente ao seguro de accidentes
INGLÉS
Esta actividade de idioma forma parte do programa de Idiomas no Centro da Federación de ANPAs e impártese en formato de 2 horas semanais tanto para os grupos de Educación Infantil como de Educación Primaria.
É unha proposta que procura un achegamento á lingua inglesa desde unha parte máis lúdica, co obxectivo de adquirir comprensión e fluidez na comunicación oral, adaptándose ás características das diferentes etapas educativas.
Esta actividade procura a interrelación dos contidos propios da lingua inglesa con disciplinas e actividades atractivas para os e as participantes, así como tamén a mellora da capacidade de escoita comprensiva a través de recursos baseados en centros de interese que fomenten a participación activa do alumnado. Pretende potenciar a expresión oral a través de temáticas que resulten motivantes para os e as escolares, nun contexto de confianza e relaxación, que lles permita adquirir seguridade e soltura na comunicación oral coa fin de favorecer o seu uso cotián.
A metodoloxía das actividades desde programa defínese por tres características: actividade complementaria, contorna lúdica e participación activa do alumnado.
Atenderase aos intereses do alumnado, apoiándose permanentemente o contexto nas habilidades derivadas do uso oral do idioma, con actividades enfocadas a resolver necesidades da vida cotiá.
A avaliación será de modalidade continua. Empregaranse ferramentas de avaliación oral por medio de conversas, de exposicións, de postas en común... para valorar o nivel individual do alumnado.
Impártese nas seguintes modalidades:
- INFANTIL: Martes e Xoves de 16h a 17h.
- 1º, 2º e 3º de PRIMARIA: Martes e Xoves de 17h a 18h.
- 4º, 5º e 6º de PRIMARIA: Mércores e Venres de 17 a 18 h.
A INSCRICIÓN pode facerse a través do formulario de inscripción por cada alumno ou alumna no portal da Federación de ANPAs: https://www.fedapascoruna.org/inscripciones
PERIODO DE INSCRICIÓN: do 12 ao 18 de setembro.
PERIODO DE REALIZACIÓN: do 1 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023.
PREZOS: As cotas a abonar para esta actividade son:
- Trimestre outubro-decembro: 45€ por alumno ou alumna.
- Trimestre xaneiro-marzo: 45€ por alumno ou alumna.
- Bimestre abril-maio: 30€ por alumno ou alumna.
Os escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2022-23.
As familias beneficiarias de bolsa comedor están exentas do pago de cotas e só aboarán o importe correspondente ao seguro de accidentes
PREDEPORTE
Esta actividade deportiva forma parte do programa de Deporte no Centro da Federación de ANPAs e impártese en formato de 2 horas semanais para os grupos de 1º e 2º de Educación Primaria.
É unha actividade con propostas baseadas no predeporte, como unha evolución natural dos xogos motores e outras propostas que se sitúan a cabalo do xogo e o deporte.
A INSCRICIÓN pode facerse a través do formulario de inscripción por cada alumno ou alumna no portal da Federación de ANPAs: https://www.fedapascoruna.org/inscripciones
PERIODO DE INSCRICIÓN: do 12 ao 18 de setembro.
PERIODO DE REALIZACIÓN: do 1 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023.
PREZOS: As cuotas a abonar para esta actividade son:
- Trimestre outubro-decembro: 15€ por alumno ou alumna.
- Trimestre xaneiro-marzo: 15€ por alumno ou alumna.
- Bimestre abril-maio: 10€ por alumno ou alumna.
Os escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPA s para o curso 2022-23.
As familias beneficiarias de bolsa comedor están exentas do pago de cotas e só aboarán o importe correspondente ao seguro de accidentes
MULTIDEPORTE
Esta actividade deportiva forma parte do programa de Deporte no Centro da Federación de ANPAs e impártese en formato de 2 horas semanais para os grupos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
É unha proposta deportiva que plantexa unha práctica máis estructurada, adecuada ao nivel madurativo dos e das participantes, con propostas deportivas variadas e máis específicas.
A INSCRICIÓN pode facerse a través do formulario de inscripción por cada alumno ou alumna no portal da Federación de ANPAs: https://www.fedapascoruna.org/inscripciones
PERIODO DE INSCRICIÓN: do 12 ao 18 de setembro.
PERIODO DE REALIZACIÓN: do 1 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023.
PREZOS: As cuotas a abonar para esta actividade son:
- Trimestre outubro-decembro: 15€ por alumno ou alumna.
- Trimestre xaneiro-marzo: 15€ por alumno ou alumna.
- Bimestre abril-maio: 10€ por alumno ou alumna.
Os escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2022-23.
As familias beneficiarias de bolsa comedor están exentas do pago de cotas e só aboarán o importe correspondente ao seguro de accidentes
BAILE MODERNO
Esta actividade deportivo-rítmica forma parte do programa de Deporte no Centro da Federación de ANPAs e impártese en formato de 2 horas semanais tanto para o grupo de 6º de Educación Infantil como para os grupos de Educación Primaria.
É unha proposta que plantexa unha actividade deportiva estructurada a nivel de actividades rítmicas e motóricas onde a través da música se explora o movemento corporal individual e coordinación grupal a través de coreografías.
Impártese nas seguintes modalidades:
- 6º de INFANTIL, 1º e 2º de PRIMARIA: Luns e Mércores de 17h a 18h.
- 3º, 4º, 5º e 6º de PRIMARIA: Martes e Xoves de 16h a 17h.