Comunicación Non Violenta
A Comunicación Non Violenta ou comunicación empática, desenvolvida por Marshall B. Rosenberg, é unha metodoloxía que fomenta a empatía e a conexión honesta, centrada na expresión de sentimentos e necesidades.
Ser conscientes dos efectos negativos de etiquetar e diagnosticar lévanos a modular a nosa forma de comunicar, eliminando a linguaxe que xera culpa, vergoña, xuízos, crítica e esixencias, pois contribúen á violencia nas relacións humanas.
Na escola existen múltiples circunstancias que nos permiten aplicar estes aprendizaxes nas relacións persoais e familiares, para que as nosas fillas e fillos medren aprendendo tamén as habilidades básicas da CNV e respirando día a día esta nova linguaxe.
Obxectivos:
- Crear relacións persoais satisfactorias baseadas no respecto, a compasión e a cooperación.
- Resolver conflitos sen danar as relacións.
- Saber dicir "non" e aceptar o "non" das outras persoas.
- Resolver sentimentos de culpa, medo e vergoña.
- Desenvolver a capacidade de escoita e empatía.
Estrutura da Formación:
A formación desenvolveuse en tres sesións nas que se abordaron os seguintes contidos:
- Fundamentos prácticos: aprender e practicar a CNV como se falaras unha nova lingua (na casa e fóra dela).
- Expresións cotiás: Tanto na casa, como falar cos nosos fillos/as para que escoiten e escoitalos de modo que queiran falar con nós. Como no traballo ou entre iguais: como practicar o "non" cando é preciso e como xestionar a rabia e a culpa.
- Diálogo e resolución de conflitos: poñer límites nas relacións e expresar agradecemento e recoñecemento — unha nova mirada e un novo camiño de vida.
Recursos
Vídeos Marshall Rosenberg:
Audiolibro en Spotify:
Libro en pdf descargable:

