Asóciate! curso 2025-2026
⚠️ A PARTIR DO 23 DE XUÑO DE 2025 ⚠️

Para asociarte ou renovar a condición de familia socia para o curso 2025-26 hay que:
1) cubrir o 🔗 formulario de inscrición en liña
2) aboar a cota anual de 25 € por familia mediante ingreso ou transferencia na conta bancaria da ANPA indicada. Concepto: cota25-26 e os apelidos do alumno/a.
3) enviar unha copia do xustificante do ingreso (serve foto) por mail ou no buzón da ANPA
O formulario de inscrición en liña serve só para a toma ou renovación dos datos familiares e é necesario cubrir os datos cada ano que se renova. A alta ou renovación non terá efectos se non se fai o pago da cuota anual na conta (25 €):
IBAN: ES24 2080 0068 71 3040003024
É preciso indicar como concepto cota25-26 e os apelidos do alumno/a. Como ordenante indicar o nome do adulto/a que fai o ingreso. Por exemplo, se os apelidos do alumno son Pérez López, o concepto sería COTA25-26PEREZLOPEZ.
Unha vez enviedes o formulario, non tedes máis que agardar polo carné, que se irá enviando ao longo do curso, e que o recibiredes nos enderezos electrónicos indicados, normalmente nas primeiras semanas do ano e sempre antes da primeira festa, a de Entroido. O carné será dunha cor diferente cada curso.
Son moitas as vantaxes de ser familias socias
- 👐 Participación activa na educación dos vosos fillos e fillas
- ✋ Representar os intereses do alumnado e as familias ante o centro educativo
- 🏫 Colaboración co persoal docente e a dirección do centro
- 🧑🎓 Mellora do ambiente escolar creando un entorno escolar en positivo, fomentando a convivencia
- 🤾♂️ Beneficios á hora de participar en actividades fóra do horario lectivo
- 📚 Contribuir ao mantemento do banco de préstamos de libros de texto (alumnado 3º a 6º de primaria) para todas as familias
- 📧 Recibir información de interese da ANPA e dos temas escolares durante o curso lectivo
- 🧑🏫 Beneficios á hora de acceder a recursos de apoio, formacións, charlas, talleres, etc.
- 🪪 Dispoñer do carné de familia socia, que reforza a identidade da nosa comunidade educativa
- 🫂 Apoio mutuo entre familias, establecendo novas relacións con outros pais e nais que comparten inquietudes e experiencias parellas. Reforza o sentimento de pertenza e comunidade
- 🥳 Beneficios á hora de acceder e participar nas festas que se organizan ao longo do curso