Actividade Extraescolar 2026-2027
⚠️ Inscricións a partir do 1 de xullo
⚠️ COMEZO ACTIVIDADES: 1 DE OUTUBRO: LUDIVERSO, SONICREQUES E JUDO ⚠️

Esta sección, en permanente actualización, recolle a proposta de actividades extraescolares para o curso 2026-2027, traballada entre os técnicos responsables dos programas, claustro e ANPA.
Cadro de actividades 2026-27
Podedes ver a proposta de actividades no seguinte cadro. Se pinchades encima de cada unha veredes unha descrición. A continuación do cadro, podedes ver información máis detallada sobre as actividades que inclúe a proposta. Destacar que a inscrición en Ludiverso pode facerse en tres modalidades:
- 5 días á semana: de luns a venres
- 3 días á semana con inglés: incluiría o luns e o mércores e un terceiro día a elexir: martes, xoves ou venres
- 3 días á semana sen inglés: martes, xoves e venres.
Ademáis, como cada ano, lévase a cabo o Programa de Natación Escolar organizado pola Concellería de Deportes do Concello da Coruña, que vai dirixida aos cursos de 3º e 4º de Educación Primaria e, no caso do noso centro, levarase a cabo na piscina do Polideportivo Municipal de San Diego os martes de 16:45 a 17:30. Información e inscricións nesta ligazón.
Actividades Extraescolares
2026-2027
Sobre o cadro exposto, podedes facer unha lectura dos programas educativos nas seguintes ligazóns:
As inscricións para as actividades que comezan o 1 de outubropoderán realizarse do 1 de xullo ao 14 de setembro, ata completar prazas, a través das seguintes ligazóns:
Organización actividades 2026-27
O seguinte cadro recolle a información sobre a organización das actividades extraescolares do curso 2026-2027:
| Actividade | Educador/a responsable | Punto de recollida e entrega ás familias | Espazos de realización |
|---|---|---|---|
| LUDIVERSO Infantil (4º, 5º e 6º Curso) De Luns a Venres de 16:00 a 17:30 |
Judith Pernas e Gonzalo Pailos Sara Oreiro (especialista de Inglés) |
Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto (acceder pola porta pequena exterior). As familias que veñen da casa agardan coas nenas e nenos ao pé das escaleiras á educadora responsable da actividade. Os nenos e nenas do comedor esperarán no hall de entrada acompañadas do equipo educativo do comedor. A entrega despois da actividade será nas mesmas escaleiras de entrada ao colexio, dentro do recinto. |
Aulas de Infantil. Patio Exterior (zona infantil). Patio Cuberto. Ximnasio (agás venres). Biblioteca. |
| LUDIVERSO Primaria (1º, 2º e 3º Curso) De Luns a Venres de 16:00 a 17:30 |
Helena (patinaxe e apoio), Diego Reimúndez e Dani (apoio) Sara Oreiro (especialista de inglés) |
Na entrada do patio cuberto, dentro do recinto (acceder pola porta pequena exterior). As familias que veñen da casa agardan coas nenas e nenos á educadora responsable da actividade, na entrada do patio cuberto. Os nenos e nenas do comedor esperarán no patio cuberto acompañadas do equipo educativo do comedor. A entrega despois da actividade será na mema entrada do patio cuberto. |
Aulas de Primaria. Patio Exterior. Patio Cubierto. Ximnasio. Biblioteca. |
| LUDIVERSO Primaria (4º, 5º e 6º Curso) De Luns a Venres de 16:00 a 17:30 |
Helena (patinaxe e apoio), Diego Reimúndez e Dani (apoio) Sara Oreiro (especialista de inglés) |
Na entrada do patio cuberto, dentro do recinto (acceder pola porta pequena exterior). As familias que veñen da casa agardan coas nenas e nenos á educadora responsable da actividade, na entrada do patio cuberto. Os nenos e nenas do comedor esperarán no patio cuberto acompañadas do equipo educativo do comedor. A entrega despois da actividade será na mema entrada do patio cuberto. |
Aulas de Primaria. Patio Exterior. Patio Cubierto. Ximnasio. Biblioteca. |
| NATACIÓN 3º e 4º Primaria Martes de 16:45 a 17:30 Horario bus: saída 16:15 e recollida 18:00 |
Concellería de Deportes |
Parada do Bus en R/Camilo José Cela fronte ao colexio. As familias achegan e recollen as nenas e nenos (en ningún caso educadores de comedor ou actividades nin ANPA) O bus pasa ás 16:15 e regresa ao mesmo punto ás 18:00. Tendo en conta este horario, as familias acceden á parada por fóra do cole. |
Piscina Municipal de San Diego. |
| SONICREQUES Infantil Luns, Mércores e/ou Venres de 16:00 a 17:00 |
Cristóbal (Luns e Venres) |
Porta de entrada a Infantil, dentro do recinto (acceder pola porta pequena exterior e bordear o cole ata Infantil). As familias que veñen da casa agardan na entrada de Infantil a que o/a educador/a responsable da actividade recolla ás nenas e nenos. Os nenos e nenas do comedor esperarán no corredor de infantil acompañadas do equipo educativo do comedor. A entrega despois da actividade será na mesma porta de entrada a Infantil. |
Aula de Música (2º andar). |
| SONICREQUES Primaria Luns e/ou Venres de 17:00 a 18:00 |
Cristóbal (Luns e Venres) |
Porta de entrada a Infantil, dentro do recinto (acceder pola porta pequena exterior). As familias que veñen da casa agardan na entrada de Infantil a que o educador responsable da actividade recolla ás nenas e nenos. Os nenos e nenas de Ludiverso agardarán a que o educador os recolla na actividade de Ludiverso correspondente, onde estarán co equipo educativo de Ludiverso. A entrega despois da actividade será nas escaleiras de entrada ao colexio, dentro do recinto. |
Luns: Aula de Música (2º andar). Venres: Ximnasio |
ACTIVIDADES PÚBLICAS
As actividades extraescolares de iniciativa pública que teñen lugar no noso centro están ofertadas e xestionadas pola Federación de ANPAs de Centros Públicos da Provincia da Coruña, segundo o programa de lecer educativo, agrupadas baixo a denominación LUDIVERSO, con actividades que comparten o obxectivo de promover un desenvolvemento integral na mocidade, abarcando tanto o aspecto físico como o socioemocional.
LUDIVERSO
A proposta de Ludiverso ofértase por quinto ano consecutivo como actividade multidisciplinar de calidade, que parte do traballo conxunto entre claustro e técnicos da Federación de ANPAs para ofrecer unha proposta de conciliación de 16 a 17:30 h.
Segue unha metodoloxía que desenvolve aspectos como a creatividade, a experimentación múltiple, a resolución de conflitos e o crecemento persoal. A actividade contará cun equipo estable de educadoras e educadores na que, en diferentes grupos de idade, mesturan unha actividade lúdica e variada, compartida cun grupo de referencia de iguais, facendo a experiencia moi familiar e enriquecedora.
Para este curso, en Ludiverso mestúranse actividades culturais e artísticas (teatro), así como deportivas (deporte, multideporte e torneos), científicas, de novas tecnoloxías, ... Inclúe a actividade de inglés para todos os grupos, segundo modalidade de contratación.
PERIODO DE REALIZACIÓN: do 1 de outubro de 2026 ao 19 de xuño de 2027.
Está DIRIXIDA a escolares de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. A oferta de actividades plantéxase en función dos seguintes tres tramos de idade:
- 4º, 5º e 6º de Educación Infantil
- 1º, 2º e 3º curso de Educación Primaria
- 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria
A RATIO é dun mínimo de 9 escolares inscritos, por cada tramo de idade, para formar grupo.
HORARIO: De luns a venres, de 16 a 17:30 horas, para todos os grupos de idade.
A INSCRICIÓN para todos os grupos nesta actividade farase en tres modalidades, ata o 14 de setembro:
- Para os 5 días da semana: de luns a venres.
- Para 3 días á semana con inglés: luns e mércores máis un terceiro día a elexir (martes, xoves ou venres).
- Para 3 días á semana sen inglés: martes, xoves e venres.
Pódese realizar no portal da Federación de ANPAs accesible na seguinte ligazón:
PREZOS: segundo a modalidade elexida:
- 5 días á semana: 43 €/mes
- 3 días á semana con ingles: 29 €/mes
- 3 días á semana sen inglés: 21 €/mes
As familias beneficiarias de bolsa comedor no presente curso, deberán aboar o 50% da cota do programa en calquera das modalidades.
A totalidade dos escolares inscritos aboarán unha única cota de 5€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2026-27.
A actividade de Ludiverso incluirá a programación de deporte, inglés e arte e cultura dos programas de Federación que se poden consultar na ligazón:
ACTIVIDADES PRIVADAS
As actividades extraescolares de iniciativa privada que teñen lugar no noso centro están ofertadas e xestionadas directamente polas empresas responsables e dan resposta ás propostas das familias a actividades que non estaban incluidas en programas de iniciativa pública e que contan coa aprobación do Consello Escolar.
SONICREQUES
Sonicreques é un proxecto de educación musical no que os nenos e nenas desenvolven as súas capacidades mediante o xogo e aprenden conceptos musicais básicos. Ademais realizan unha iniciación instrumental que lles permite coñecer as súas capacidades e gustos musicais.
Impártese en formato dunha hora semanal, nas seguintes modalidades:
- 4º, 5º e 6º de Educación Infantil: Luns, Mércores e Venres de 16h a 17h. ⚠️ ÚLTIMAS PRAZAS
- Educación Primaria: Luns ou Venres de 17h a 18h. ⚠️ PRAZAS ESGOTADAS E ABERTA LISTA DE AGARDA.
PERÍODO DE REALIZACIÓN: do 1 de outubro de 2026 ao 19 de xuño de 2027.
PREZOS: O custo da actividade é de 16€/mes por alumno ou alumna, en pagos mensuais ou trimestrais.
A INSCRICIÓN (ata completar máximo de prazas) poderá realizarse segundo as instruccións que podedes atopar na seguinte ligazón do blog de Sonicreques:
JUDO
É unha actividade de alto valor que incorpora unha modalidade deportiva de artes marciais. A empresa responsable é EdukaJudo e na seguinte ligazón está o programa completo:
A actividade impártese en formato de unha ou dúas horas á semana, na seguinte modalidade:
- 4º, 5º e 6º de Educación Infantil: Luns e/ou xoves, de 16:45 a 17:30
- 1º, 2º e 3º de Educación Primaria: Luns e/ou xoves, de 17:30 a 18:15
- 4º, 5º e 6º de Educación Primaria: Luns e/ou xoves, de 18:15 a 19:00
A actividade non se pode levar a cabo nas instalacións do colexio debido á indisponibilidade do noso patio por motivo das obras previstas de construcción dun novo patio cuberto. A empresa ofrece a posibilidade de realizar a actividade nas súas instalacións:
PERIODO DE INSCRICIÓN: ⚠️ ABERTO ATA COMPLETAR MÁXIMO DE PRAZAS ⚠️
PERÍODO DE REALIZACIÓN: do 1 de outubro de 2026 ao 19 de xuño de 2027.
PREZOS: O custo da actividade é de 16€/mes por alumno ou alumna na modalidade de 1 día, e de 23€/mes por alumno ou alumna na modalidade de 2 días. Ademais, esta actividade conleva un custo de 59€ en concepto de trámite de inicio de curso (licencia, etc...)
A INSCRICIÓN poderá realizarse mediante o formulario habilitado na seguinte ligazón da web da empresa:
