Multideporte 2024-25: Segundo Trimestre
01.04.2025
Ola familias!
Na actividade de predeporte e multideporte, metémonos de cheo no baloncesto, hóckey e rugby, aínda que tamén levamos a cabo xogos alternativos menos coñecidos pol@s nos@s nen@s.
Agora estamos practicando as habilidades específicas de baloncesto, xa que, á volta de Semana Santa, teremos un encontro con outro colexio que nos visitará para que @s nen@s se coñezan e compartan as habilidades aprendidas.
Trataremos de informarvos sobre este encontro e contarémosvos como foi!