Ludiverso Primaria 2024-25

No Ludiverso de Primaria comezamos a crear os nosos propios países coa súa historia, costumes e bandeira. Agora mesmo estamos creando os libros que conteñen estas historias de cada país, polo que vos seguiremos informando...

Benvidas e benvidos a outro ano na actividade de Ludiverso. Queremos contarvos que este trimestre realizamos unha gran variedade de actividades que serviron para que o grupo se coñecese e se divertise. Ademais de divertirnos, tocamos a temática da astronomía, elaborando os nosos propios foguetes.