Ábaco


⭐ Que é Ábaco?

🛠️ Ábaco é a  plataforma de xestión que emprega a ANPA e, ao mesmo tempo, a aplicación que usades as familias 👨‍👩‍👧 para comunicarvos coa ANPA e realizar trámites de forma cómoda e centralizada.

📱 Como funciona para as familias?

Desde calquera dispositivo —móbil ou tablet, Android ou iOS— podedes:

  • xestionar a vosa inscrición como familia do cole 🏫
  • activar ou renovar a condición de familia socia 💳
  • recibir comunicacións importantes 📢
  • enviar e recibir mensaxes directamente coa ANPA 💬
  • inscribirvos en servizos e eventos🎉

Todo nun único lugar, de forma sinxela e rápida ✨.

📥 Descarga da aplicación e rexistro da familia

Descargade Ábaco Familias aquí (Android e iOS):

👉 https://abacoapp.es/apps

A app é intuitiva e fácil de usar 😊.

Tede en conta o seguinte:

  • É moi importante que, ao rexistrar a familia na aplicación, sexa só unha das persoas proxenitoras a que realice o proceso e engada ao resto de membros da unidade familiar ao completo (proxenitores e alumnado escolarizado no centro), para así evitar erros por duplicados. Salvo que sexades usuarios de Agarda con Nós, non tedes que rexistrar autorizados de recollida.
  • Cando unha das persoas proxenitoras introduce os datos de todos os membros, a outra só ten que instalar a app e indicar o seu móbil (é o identificador de usuario) para que lle aparezan os datos da súa familia dada de alta.
  • Os datos que se introducen son para o presente curso, ou o que comeza en setembro se facedes a inscrición durante as vacacións de verán.  Neste caso, se van pasar a 1º, 3º ou 5º de Primaria e, polo tanto, descoñecedes a letra do seu grupo, no vos preocupedes, en setembro podedes actualizar esa información.
  • Non cubrades datos persoais de saúde, necesidades, intolerancias, alerxias, etc. Eses datos son confidenciais e non tedes que compartilos coa ANPA. Cando fagades as inscricións en comedor ou actividades, teredes que indicalos ás empresas correspondentes, que son as que precisan esa información.

⭐ Funcionalidades destacadas

  • Rexistro como familia do cole, con opción de activar a condición de familia socia 👨‍👩‍👧
  • Pago da cota anual de socias (25 € + 0,75 € de comisión) directamente desde a app 💳
  • Carné de familia socia integrado na propia aplicación 🪪
  • Recibir as comunicacións oficiais da ANPA 📢
  • Mensaxería directa ANPA–familias 💬
  • Inscrición e pago no servizo Agarda con Nós 🕒
  • Inscrición en eventos e formacións 🎉
  • Novas funcionalidades no futuro (banco de libros, etc.) 🔧

🚫 Que NON se fará en Ábaco?

Ábaco non se empregará para:

  • comedor 🍽️
  • madrugadores 🌅
  • cambiadores 🔄
  • actividades públicas ou privadas externas

Estes servizos seguirán xestionándose polas empresas correspondentes (Jardanay, Federación de ANPAs, Sonicreques e EdukaJudo).