Actividades extraescolares 2024-2025
O seguinte cadro recolle a proposta de actividades extraescolares para o curso 2024-2025, deseñada segundo as enquisas de valoración do curso pasado e de propostas das familias, de outubro a xuño, en horario de 16 a 18 horas, de luns a venres.
A inscrición das actividades públicas (ofertadas e xestionadas pola Federación de ANPAs) está aberta ata cubrir o cupo máximo de alumnos e alumnas por grupo, na seguinte ligazón:
Cadro proposto de actividades 2024-25 (*)
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES | |
---|---|---|---|---|---|
16 A 17 |
LUDIVERSO, todos os grupos (4º-6º de Infantil, 1º-3º de Primaria e 4º-6º de Primaria) | ||||
SONICREQUES 4º 5º e 6º Infantil |
ENGLISH LAB 4º 5º e 6º Infantil |
ENGLISH LAB 4º 5º e 6º Infantil |
SONICREQUES 4º 5º e 6º Infantil |
||
ROBÓTICA (segundo inscricións) | |||||
17 A 18 |
LUDIVERSO, todos os grupos (4º-6º de Infantil, 1º-3º de Primaria e 4º-6º de Primaria) | ||||
SONICREQUES Primaria |
PREPATINAXE I 5º e 6º Infantil |
ENGLISH LAB 4º 5º e 6º Primaria |
PREPATINAXE I 5º e 6º Infantil |
SONICREQUES Primaria |
|
PREDEPORTE 1º 2º e 3º Primaria |
PREPATINAXE II 1º 2º e 3º Primaria |
PREDEPORTE 1º 2º e 3º Primaria |
PREPATINAXE II 1º 2º e 3º Primaria |
ENGLISH LAB 4º 5º e 6º Primaria |
|
MULTIDEPORTE 4º 5º e 6º Primaria |
ENGLISH LAB 1º 2º e 3º Primaria |
MULTIDEPORTE 4º 5º e 6º Primaria |
ENGLISH LAB 1º 2º e 3º Primaria |
||
PREXADREZ 1º 2º e 3º Primaria |
PREXADREZ 1º 2º e 3º Primaria |
||||
XADREZ 4º 5º e 6º Primaria |
XADREZ 4º 5º e 6º Primaria |
||||
ROBÓTICA (segundo inscricións) |
* A formación de grupos está condicionada a que se acaden o mínimo de inscricións por grupo de idade.
** Coma todos os anos, tamén se ofertará no noso centro a actividade de Natación do programa Concellería de Deportes do Concello da Coruña. Publicaremos a información unha vez nola remitan dende a Concellería.
ACTIVIDADES PÚBLICAS
As actividades extraescolares de iniciativa pública que teñen lugar no noso centro están ofertadas e xestionadas pola Federación de ANPAs de Centros Públicos da Provincia da Coruña, segundo o programa de lecer educativo, con actividades que comparten o obxectivo de promover un desenvolvemento integral na mocidade, abarcando tanto o aspecto físico como o socioemocional.
PROGRAMA DE ARTE E CULTURA
Ofrece unha experiencia educativa que complementa a xornada escolar dos nenos, promovendo o seu desenvolvemento integral a través de actividades artísticas e culturais nunha contorna lúdica.
LUDIVERSO
Baixo a denominación Ludiverso, ofértase por terceiro ano consecutivo a nosa actividade estrela. Unha aposta que parte do traballo conxunto entre claustro e ANPA para ofrecer unha proposta de conciliación cun alto nivel de calidade educativa e que foi ademais das propostas mellor valoradas polas familias nas enquisas de avaliación (4.83 puntos de 5).
Segue unha metodoloxía que desenvolve aspectos como a creatividade, a experimentación múltiple, a resolución de conflitos e o crecemento persoal. A actividade contará cun equipo estable de educadoras e educadores na que, en diferentes grupos de idade, mesturan unha actividade lúdica e variada, compartida cun grupo de referencia de iguais, facendo a experiencia moi familiar e enriquecedora.
En Ludiverso mestúranse actividades culturais e artísticas, así como deportivas, científicas, de novas tecnoloxías, ... Unha aventura dinámica na que estes contidos xiran en torno a unha temática ou centro de interese que mudará cada trimestre.
PERIODO DE REALIZACIÓN: do 1 de outubro de 2024 ao 20 de xuño de 2025.
Está DIRIXIDA a escolares de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. A oferta de actividades plantéxase en función dos seguintes tres tramos de idade:
- 4º, 5º e 6º de Educación Infantil
- 1º, 2º e 3º curso de Educación Primaria
- 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria
A RATIO é dun mínimo de 9 escolares inscritos, por cada tramo de idade, para formar grupo.
HORARIO: Para todos os grupos de idade, a escoller:
- De luns a venres, de 16 a 17 horas.
- De luns a venres, de 16 a 18 horas.
A INSCRICIÓN nesta actividade farase para os cinco días da semana, para todos os grupos, sendo compatible coa inscrición na actividade ENGLISH LAB, xa que o programa Ludiverso non inclúe o traballo de idiomas. Pode facerse ata o 15 de setembro a través da ligazón:
Podedes atopar as instruccións da nova appweb para facer a inscrición, na ligazón:
COTAS A ABOAR: Aboaranse 3 cotas ao longo do curso, dependendo do horario de realización:
- Luns a venres, de 16 a 17 horas: A cota é de 63 €/trimestre.
- Luns a venres, de 16 a 18 horas: A cota é de 105 €/trimestre.
As familias beneficiarias de bolsa comedor no presente curso, deberán aboar o 50% da cota do programa (31,50 €/trimestre ou 52,50 € segundo o horario seleccionado).
A totalidade dos escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2024-25.
PROGRAMA DE DEPORTE NO CENTRO
O programa promove o poder do deporte para o desenvolvemento completo do alumnado, onde cada actividade está adaptada ao nivel de desenvolvemento da rapazada, agrupadas en diferentes escolas deportivas.
As actividades propostas, todas elas impartidas en formato de 2 horas semanais en días alternos, son as seguintes:
- PREDEPORTE: para os grupos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, os luns e mércores de 17 a 18 h.
- MULTIDEPORTE: para os grupos de 4º, 5º e 6º de Educacion Primaria, os luns e mércores de 17 a 18 h.
- PREPATINAXE I: para os grupos de 5º e 6º de Educación Infantil, os martes e xoves de 17 a 18 h.
- PREPATINAXE II: para os grupos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, os martes e xoves de 17 a 18 h.
- PREXADREZ: para os grupos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, os martes e xoves de 17 a 18 h.
- XADREZ: para os grupos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, os martes e xoves de 17 a 18 h.
Para todas elas:
O PERIODO DE REALIZACIÓN será do 1 de outubro de 2024 ao 20 de xuño de 2025.
A RATIO é dun mínimo de 9 escolares inscritos, por cada tramo de idade, para formar grupo.
A INSCRICIÓN en cada actividade pode facerse ata o 15 de setembro, a través da nova appweb da Federación accesible na seguinte ligazón:
Podedes atopar as instruccións na ligazón:
COTAS A ABOAR: Aboaranse 3 cotas de 21 €/trimestre ao longo do curso.
As familias beneficiarias de bolsa comedor no presente curso, deberán aboar o 50% da cota do programa (10,50 €/trimestre).
A totalidade dos escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2024-25.
PROGRAMA DE IDIOMAS
O programa é unha emocionante proposta de lecer centrada na aprendizaxe de idiomas estranxeiros de forma divertida, cun enfoque lúdico, onde o alumnado participa activamente e cunha forte énfase no desenvolvemento de habilidades comunicativas prácticas para a vida cotiá.
ENGLISH LAB
Baixo o concepto English Lab ofrécese unha inmersión en inglés adaptada a todas as etapas educativas, onde o xogo é fundamental. Integrando contidos do idioma con disciplinas e actividades atractivas, mellorando a capacidade de escoita a través de temas interesantes que promoven a participación activa.
PERIODO DE REALIZACIÓN: do 1 de outubro de 2024 ao 20 de xuño de 2025.
Plantéxase en formato de dúas sesións semanais dunha hora cada unha, en días alternos. A oferta de actividades plantéxase en 3 grupos segundo tramos de idade nos seguintes días e horarios:
- ENGLISH LAB 4º, 5º e 6º de Educación Infantil: os martes e xoves de 16 a 17 h.
- ENGLISH LAB 1º, 2º e 3º de Educación Primaria: os martes e xoves de 17 a 18 h.
- ENGLISH LAB 4º, 5º e 6º de Educación Primaria: os mércores e venres de 17 a 18 h.
A RATIO é dun mínimo de 9 escolares inscritos, por cada tramo de idade, para formar grupo.
A INSCRICIÓN en cada actividade pode facerse ata o 15 de setembro, a través da nova appweb da Federación accesible na seguinte ligazón:
Podedes atopar as instruccións na ligazón:
COTAS A ABOAR: Aboaranse 3 cotas de 45 €/trimestre ao longo do curso.
As familias beneficiarias de bolsa comedor no presente curso, deberán aboar o 50% da cota do programa (22,50 €/trimestre).
A totalidade dos escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2024-25.
ACTIVIDADES PRIVADAS
As actividades extraescolares de iniciativa privada que teñen lugar no noso centro están ofertadas e xestionadas directamente polas empresas responsables de cada unha e foron seleccionadas en base ás enquisas de avaliación e para dar resposta ás propostas das familias a actividades que non estaban incluidas en programas de iniciativa pública.
SONICREQUES
Sonicreques é un proxecto de educación musical no que os nenos e nenas desenvolven as súas capacidades mediante o xogo e aprenden conceptos musicais básicos. Ademais realizan unha iniciación instrumental que lles permite coñecer as súas capacidades e gustos musicais.
Impártese en formato dunha hora semanal, nas seguintes modalidades:
- 4º, 5º e 6º de Educación Infantil: Luns ou Venres de 16h a 17h.
- Educación Primaria: Luns ou Venres de 17h a 18h.
INSCRICIÓN: farase a través da ligazón accesible desde a propia páxina web de Sonicreques.
PERÍODO DE REALIZACIÓN: do 1 de outubro de 2024 ao 20 de xuño de 2025.
PREZOS: O custo da actividade é de 15,31€/mes por alumno ou alumna, en pagos mensuais ou trimestrais.
A INSCRICIÓN poderá realizarse segundo as instruccións que podedes atopar no blog de Sonicreques, na seguinte ligazón:
ROBÓTICA
É unha actividade que ten como obxectivos acercar e demostrar as posibilidades das disciplinas STEAM, a resolución de retos e a execución de proxectos para o alumnado, con diferentes niveis adecuados á idade e coñecementos de cada grupo.
Emprega unha metodoloxía activa na que o alumnado ten o papel protagonista de xeito que sexan os principais tomadores de decisións, con clases completamente prácticas que se fundamentan no xogo para garantir a interiorización dos contidos e o éxito do proceso formativo.
Os contidos que se traballarán son o acercamento á robótica e a programación, a tecnoloxía e o deseño e impresión 3D, con propostas que variarán semanalmente.
A actividade impártese en formato dunha hora semanal, nas seguintes modalidades:
- 6º de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria: Martes, en horario pendente de definir segundo inscricións e preferencias das familias.
- 3º a 6º de Educación Primaria: Martes, en horario pendente de definir segundo inscricións e preferencias das familias.
A actividade estará impartida pola empresa local EnxeñoLabs by Dismedia. É preciso un mínimo de inscricións en cada grupo para que a actividade poida iniciarse, e serán eles quen vos informen de que grupo vai en cada horario.
PERIODO DE INSCRICIÓN: aberto ata cubrir o máximo de inscricións
PERÍODO DE REALIZACIÓN: do 1 de outubro de 2024 ao 20 de xuño de 2025.
PREZOS: O custo da actividade é de 25€/mes por alumno ou alumna.
A INSCRICIÓN poderá realizarse mediante o formulario habilitado na seguinte ligazón:
Máis información da actividade na súa web: https://enxenolabs.gal/
E tamén no seguinte díptico: