Actividades Extraescolares 2019-2020

As actividades extraescolares ofertadas para o curso 2019-2020 serán as que se recollen no cadro que achegamos. Todos os nenos e nenas que se inscribiron están admitidos.

Hai varias actividades que caeron pola falta de demanda. Son as seguintes:

  • Capoeira
  • Creacomic
  • Jumping
  • Ludi jumping
  • Piano
  • Ponte al día

O resto de actividades arrancarán o vindeiro 1 de outubro.

As ligazóns da web estarán activas para matricularse nas actividades, agás os das actividades que xa completaron cupo, que son:

  • Zumba
  • Inglés:
  • Infantil mércores
  • Primaria 4º, 5º e 6º venres

Ponte en contacto con nós para calquera dúbida ou aclaración.


Actividades de deporte no centro

Como novidade, este ano ofrecémosvos dúas modalidades de inscrición para as actividades de Deporte no Centro.

  • On-line: dispoñible a partir do 2 de setembro. É necesario encher o formulario de inscrición por cada alumno ou alumna, na seguinte ligazón (imprescindible cubrir os datos de domiciliación bancaria):
  • Presencial: o 16 e 17 de setembro de 9 a 10:30. Nas seguintes ligazóns podedes descargarvos a folla de inscrición e o folleto informativo:

Inglés (Jungle World)

As clases de inglés desenvólvense nas propias instalacións do noso centro. Non conleva pago de matrícula, materiais ou análogos. Simplemente requerirá o abono das cuotas mensuais que se establecen a continuación:

  • 20 €/mes por neno/a para 1 hora semanal de clase
  • 40 €/mes por neno/a para 2 horas semanais de clase

Esta tarifa é especial e única para os asociados á ANPA do CEIP Ramón de la Sagra, nos grupos específicamente creados para iso no seu propio centro escolar.

Nas seguintes ligazóns podedes descargar toda a información sobre esta actividade e a folla de inscrición:


Ludi-Jumping, Pequechef, Creacomic e Teatro

A actividade "Ponte al día" finalmente non poderá levarse a cabo, así que será reemplazada por outra (comentarase na reunión de presentación das actividades do día 12 (16:30-18:00 h).

Na seguinte ligazón podedes descargar a folla de inscrición para estas actividades:


Robótica

Impartirase os martes de 17 a 18 h, cun custo de 29 €/mes.

Podedes descargar a folla de inscrición na seguinte ligazón:


Guitarra, piano e danzas urbanas (Presto Vivace)

As clases serán impartidas nas instalacións do centro en formato de 1 hora á semana e cun custo de 15 €/mes, na seguinte programación:

  • Guitarra española/eléctrica: Martes de 16 a 17 h.
  • Piano colectivo: Xoves de 17 a 18 h.
  • Danzas urbanas: Venres de 16 a 17 h.

Na seguinte ligazón podedes descargar o formulario de inscrición:


Sonicreques

Sonicreques é un proxecto de educación musical no que os niños desenvolven as súas capacidades mediante o xogo e aprenden conceptos musicais básicos. Ademais realizan unha iniciación instrumental que lles permite coñecer as súas capacidades e gustos musicales.


Linguaxe de signos