Abre o prazo do programa municipal de natación escolar

08.09.2026

A Concellería de Deportes do Concello da Coruña vén de convocar o Programa de Natación Escolar para o curso 26-27 nos centros públicos da cidade.

Esta actividade vai dirixida ao alumnado de 3º e 4º cursos de Educación Primaria e, no caso do noso centro, levarase a cabo na piscina do Polideportivo Municipal de San Diego os martes de 16:45 a 17:30. Ten un custo anual de 55,07€ que inclúe tanto as clases coma o traslado en autobús dende o centro escolar ata o polideportivo, ademais dunha cobertura sanitaria. Tanto a entrega como a recollida de alumnado na parada do autobús será a cargo das familias.

O prazo de solicitude é do 8 a 14 de setembro. Podedes atopar máis información e o formulario de inscrición nesta ligazón.