⚽ Cadro definitivo Actividades Extraescolares ⚽

28.09.2022

Prezadas familias,

dende a Federación de ANPAs e Sonicreques xa están confirmando ás persoas inscritas as actividades que se iniciarán o luns 3 de outubro. O cadro definitivo das actividades coas que se forman os grupos é o seguinte:

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
16
A 17
LUDIVERSO, todos os grupos (Infantil, 1º-3º Primaria e 4º-6º Primaria)
SONICREQUES
Infantil
PREDEPORTE
1º 2º e 3º Primaria
PREDEPORTE
1º 2º e 3º Primaria
SONICREQUES
Infantil
XOGOS MOTORES
Infantil
INGLÉS
Infantil
XOGOS MOTORES
Infantil
INGLÉS
Infantil
BAILE MODERNO
3º 4º 5º e 6º Primaria
BAILE MODERNO
3º 4º 5º e 6º Primaria
NATACIÓN
3º e 4º Primaria
17
A 18
SONICREQUES
1º 2º e 3º Primaria
MULTIDEPORTE 4º 5º e 6º Primaria MULTIDEPORTE
4º 5º e 6º Primaria
INGLÉS
1º 2º e 3º Primaria
INGLÉS
1º 2º e 3º Primaria

Tal e como nos informou a Federación, as familias que estabades inscritas en actividades que non saíron, podedes inscribirvos noutras que si formaron grupo, das que aparecen no cadro anterior.

Para facelo, debedes poñervos en contacto coa Federación a través de:

📧 inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org

📞 649055939 ou 698158503 (en horario de 9 a 14 e de 16 a 18 h.)


Ademais, segundo vos informamos na web e na xuntanza de actividades, e tendo en conta as vosas achegas polo formulario que se habilitou, presentamos unha nova proposta de actividades que se sumaría ás anteriores:

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
NOVAS PROPOSTAS 16 A 17 PREDEPORTE e MULTIDEPORTE Primaria PREDEPORTE e MULTIDEPORTE Primaria
NOVAS PROPOSTAS 17 A 18 PREPATINAXE e PATINAXE
Infantil e Primaria
XOGOS MOTORES Infantil PREPATINAXE e PATINAXE
Infantil e Primaria
XOGOS MOTORES Infantil
ROBÓTICA
Infantil e Primaria
PREDEPORTE e MULTIDEPORTE Primaria PREDEPORTE e MULTIDEPORTE Primaria

Podedes facer a preinscrición nestas novas actividades do xoves 29 de setembro ao domingo 2 de outubro, na seguinte ligazón:

Estas actividades pertencen ao programa de deporte no centro da Federación (Predeporte, Multideporte, Xogos Motores, Prepatinaxe e Patinaxe), coas mesmas condicións que as xa confirmadas. No caso de Robótica o proveedor da actividade é EnxeñoLabs By Dismedia e ten un custo de 45€/mes por alumno ou alumna. Toda a información sobre elas na seguinte ligazón:

Para que estas novas actividades podan levarse a cabo e formar grupos, é necesario que fagades a preinscrición no prazo indicado, sendo preciso acadar un mínimo de 10 participantes para as actividades que oferta Federación e de 16 inscricións para a actividade de Robótica.

O martes 4 de Outubro recibiredes un correo confirmando os grupos que cubren actividade por chegar ao mínimo de inscritos, e facilitaremos os datos a Federación e  EnxeñoLabs para que nos informen da data de inicio destas actividades.


Agradecemos, coma sempre, a vosa participación e implicación. Lembrarvos que na seguinte ligazón dispoñedes de toda a información para asociarvos e poder participar nas diferentes actividades.

Moitas grazas.