Apoio ao Proxecto Patio nos Orzamentos Participativos

06.10.2022

Prezadas familias,

por fin chegou o momento de transformar o patio da nosa escola. Hoxe arranca a votación do Concello a través dos Orzamentos Participativos na que está incluída a reforma integral do noso patio.

Conseguilo suporá que as nosas fillas e fillos poderán contar cun espazo humanizado, con zonas verdes e novas posibilidades de xogo. Unha renovación integral tan precisa do patio do noso cole.

Seguros de que, coma sempre, contamos coa vosa participación e implicación. Animámosvos a difundir e votar este proxecto, que precisa de apoios para poder pasar á votación final.

Temos ata o 16 de outubro para acadar o maior número de apoios. Só tedes que rexistrarvos na web, verificar a vosa identidade e premer en Apoiar. Aqueles proxectos máis votados serán os que pasen á votación final.

Podedes acceder desde a seguinte ligazón e quedamos á vosa disposición por se precisades calquer aclaración, nas canles habituais:

Súmate! Entre todos e todas seguro que o conseguimos.