Axuda comedor curso anterior (2024-25)
Prezadas familias,
A ANPA ven de recibir a axuda pola xestión dos servizos de comedor, correspondente ao curso anterior 2024-2025, por unha contía total de 12.894,32 €. Dende a ANPA, poñemos en marcha o reparto desta axuda entre todos os alumnos e alumnas que fixeron uso do servizo durante o curso pasado (agás aqueles que xa contan coa concesión dunha bolsa comedor e teñen exención de pago). Beneficiarse desta axuda, materialízase no 14,32 % do importe total dos pagos satisfeitos por cada un.
Como en cursos anteriores, ofrecémosvos a posibilidade de colaborar doando a totalidade da contía ou ben parcialmente coa cantidade que poidades. As vosas aportacións empregaranse en levar a cabo diversas melloras no comedor escolar, ata onde os fondos o permitan:
- substitución e reparación das mosquiteiras,
- limpeza de paredes e retirada de cartelería antiga,
- pintado en tons máis cálidos,
- acondicionamento do aseo,
- instalación de novas estanterías que ordenen mellor o espazo e reduzan o impacto visual,
- incorporación de medidas de redución de ruído.
A vosa colaboración é esencial para seguir creando ambientes máis coidados, accesibles e confortables para todos os nenos e nenas.
Coma sempre, para garantizar a confidencialidade dos datos e outorgar a todas as familias o dereito a decidir sobre a súa axuda de forma anónima, facilitaremos en sobre cerrado o impreso de cobro de forma individualizada, que levarán os vosos fillos e fillas para a casa á volta das vacacións de Entroido. Este impreso deberá ser cuberto e entregado á ANPA antes do 30 de abril. De non ser así, entenderase que renunciades ao ingreso da axuda e dedicades a totalidade da súa contía ás ideas indicadas. Podedes entregar o impreso cuberto no buzón da ANPA ou envialo ao noso mail escaneado ou fotografiado, antes da data indicada.
Moitas grazas.

