Banco de préstamo de libros da ANPA. Curso 2026-27

07.07.2026

Prezadas familias:

Xa podedes reservar os libros de texto do Banco de Préstamo da ANPA para o curso 2026-2027, a través da aplicación Ábaco, na sección Tenda.

🧒 Quen pode solicitar libros ao Banco de Préstamo da ANPA?

As familias de alumnado de 3º a 6º de Primaria que:

  • Solicitaron o FondoLibros da Xunta e non lles concederon ningún libro.
  • Solicitaron o FondoLibros da Xunta e só lles concederon parte dos libros.

📌 Importante: Lembrade que todas as familias deben solicitar sempre previamente o FondoLibros da Xunta, cumpran ou non os requisitos. É imprescindible para poder pedir libros ao Banco de Préstamo da ANPA.

📋 Antes de facer a reserva

Consultade as listas expostas na entrada do centro para saber que libros vos foron concedidos pola Xunta, ou accedede online á aplicación FondoLibros:

  • Se vos concederon algún, pedide á ANPA só os que vos falten.
  • Se non vos concederon ningún, engadide todos os libros do curso correspondente.

🙏 Manter este servizo é posible grazas ao bo uso e responsabilidade de todas as familias.

🛒 Como facer a reserva en Ábaco

Tedes ata o 4 de setembro.

  1. Accedede á sección Tenda.

  2. Seleccionade o curso do voso fillo ou filla.

  3. Engadide ao carriño os libros que non vos concederon no FondoLibros da Xunta (todos se non vos concederon ningún).

  4. Revisade o carriño e, se o precisades, engadide un comentario.

  5. Pulsade Confirmar.

Unha vez enviado, non tedes que facer nada máis. Podedes ver o voso pedido na sección Familia.

Os libros quedan confirmados e reservados, e os titores/as entregaranvolos ao comezo do curso.

📌 Lembrade: Os caderniños escribibles non están incluídos no préstamo e deben ser adquiridos polas familias.

📞 Se precisades máis información ou tedes calquera dúbida, podedes contactar connosco polas nosas canles habituais: preferentemente Ábaco, e tamén teléfono, formulario da web, correo electrónico ou RRSS.

🌞 Agardamos que esteades a desfrutar dun bo verán.


Aproveitamos para lembrarvos que na seguinte ligazón dispoñedes de toda a información para asociarvos e poder participar nas diferentes actividades e proxectos que nos agardan neste curso escolar 2026-2027: