Benvid@s ao novo curso   2021-2022

03.09.2021

Benvid@s á nosa comunidade: 

Dende a ANPA RASA, querémosvos dar a benvida ao CEIP Ramón de la Sagra. Comezades unha nova etapa cos vosos fillos e fillas e agardamos que a vosa andaina nela e, sobre todo, a dos vosos nenos e nenas, sexa moi frutuosa e gratificadora. Eles acadarán infinidade de coñecementos e vivencias que influirán na súa futura personalidade, e vos verédelos medrar e acompañarédelos ao longo do camiño, participando activamente na súa educación e na vida da escola. 

Nesta páxina web dispoñedes de toda a información sobre os servizos que xestiona a ANPA. Na sección Asóciate! atoparedes o formulario en liña para a alta ou renovación da condición de socios.

Nos próximos días poñerémonos en contacto convosco e seguirémosvos informando con datos mais concretos sobre os horarios do servizo de comedor e actividades, unha vez a dirección do centro teña rematados os seus protocolos e horarios de cara a este curso. Grazas pola vosa paciencia.

Bo comezo de curso para tod@s.