Benvida ao novo curso

08.09.2022

Prezadas familias:

Agardamos que disfrutarades do verán e das vacacións. Parecía que non ía chegar, pero hoxe xa acompañamos ás nosas nenas e nenos a un novo curso escolar

Para moitas nenas e nenos este será o primeiro curso nese "cole de maiores" do que tanto levan falado todo o verán. Para todos e todas eles, dende o equipo da ANPA, desexamos que sexa un día cheo de maxia e ilusión e que ésta poda acompañarnos durante todo o curso. Tamén, para todos os nenos e nenas que cambian de curso e empezan unha nova etapa medrando nesta familia.

Queremos aproveitar esta nova de benvida para facervos chegar información importante para este comezo de curso:

  • Debido ao gran número de mensaxes e correos que nos estades enviando dende onte en relación á organización de entradas e saídas, agradecervos en primeiro lugar as achegas e suxerencias, xa que con éstas poidemos elaborar un documento que xa enviamos ao equipo directivo do colexio para poder abordalas.
  • En relación aos libros de texto de 3º e 5º de EP que solicitastes a través da ANPA serán entregados polas titoras dos cursos correspondentes.
  • A xuntanza para informar sobre as actividades extraescolares será o martes 13 de setembro na biblioteca de 16:30 a 18:00 horas. Agradecer as propostas que estades enviando. É moi importante achegalas por escrito no formulario publicado, para poder garantir o mínimo de participantes preciso e valorar poder sumala ás propostas que xa están no cadro. Lembrade que o período de formalización da matrícula para as actividades que aparecen no cadro é do 12 ao 18 de setembro. Tedes toda a información na seguinte ligazón:
  • Lembrarvos que na seguinte ligazón dispoñedes de toda a información para asociarvos e poder participar nas diferentes actividades e proxectos que nos agardan neste curso escolar 2022-2023:

Moitas grazas e que teñades unha moi feliz volta ao cole.