Benvido terceiro trimestre

11.04.2023

Prezadas familias,

Case sen darnos conta comezamos o derradeiro trimestre deste curso. Agardamos que durante estas pequenas vacacións, todos e todas puiderades recargar as pilas para afrontar a recta final de curso. Dende a ANPA organizaremos diferentes actividades nas vindeiras semanas: Asamblea da ANPA, Mercadiño Solidario para a recaudación de fondos para a excursión de sexto, Gala de Fin de Actividades, Festa de Fin de Curso,…

E para facer máis levadeiro este novo reto, queremos aproveitar esta nova para compartir con vós un chisco de toda esa maxia, aprendizaxe, xogo e desfrute que se xera en cada unha das actividades extraescolares ao longo do actual curso. Podedes acceder ao blog de Actividades Extraescolares na seguinte ligazón, onde atoparedes unha pequena mostra do que acontede nelas:

Moito ánimo e non deixedes de consultar a nosa web e redes coa información que iremos publicando proximamente coas vindeiras actividades.

Un saúdo.