Bolsas comedor

Benqueridas familias:

A Xunta xa ingresou na conta da ANPA o importe da subvención de comedor correspondente ao curso 2018-2019. A lista dos beneficiarios e os importes individuais están publicados no taboleiro da ANPA. Lembrade que soamente teñen dereito a subvención os alumnos que asistiron a comedor o curso pasado.

Como en anos anteriores, é posible doar toda ou parte da subvención á ANPA. No caso de doazón parcial, é imprescindible cubrir o apartado do número de conta para realizar a transferencia bancaria polo importe correspondente.

Por motivos derivados da situación actual de confinamento, publicamos na seguinte ligazón o formulario que deberá achegarse cuberto ao mail da ANPA antes do día 31 de Maio de 2020:

Si nesa data non recibimos o impreso, entendemos que doades o importe á ANPA.

As transferencias correspondentes realizaranse a partir do 5 de xuño.
A transferencia será gratuita para as contas de Abanca. Para os que teñades outro banco, descontaranvos a comisión correspondente.

Grazas pola vosa colaboración.

Un cordial saúdo.