Saída Cabalgata Reis Magos!

05.01.2025

Prezadas familias:

🎊 Feliz Aninovo! Agardamos que esteades gozando destas datas máxicas xunto ás vosas pequenas e pequenos. Comezamos este 2025 cunha chea de ilusión e que mellor maneira de facelo que, por segundo ano consecutivo, coa saída da Cabalgata dos Reis Magos dende o noso barrio!

👑​Un momento único e especial: Os Reis Magos volveron escoller as portas do noso cole, e do veciño CEIP María Pita, para iniciar a tan agardada cabalgata. A honra de recibilos este ano será compartida entre os nenos e nenas do cole veciño e tamén os do Ramón. Polo tanto, queremos animar a todas as familias a participar na recepción dos Reis Magos na saída da cabalgata e vivir este momento en unidade toda a comunidade educativa.

📍 Como participar? Convidámosvos a achegarvos en familia para formar parte deste momento tan especial. Se queredes acompañar aos Reis Magos na súa saída, agardámosvos ás 17:15 h. na cabeceira da cabalgata. A organización indicaranos como situarnos 🌟​

​✨ Non o podedes perder! Estes son os momentos que enchen de maxia as nosas vidas e as dos nosos nenos e nenas. Vivide con nós a emoción deste día tan especial e fagamos que esta cabalgata sexa inesquecible!