Cambios na celebración da festa de fin de curso

21.06.2022

Prezadas familias:

Debido á previsión meteorolóxica desfavorable, anunciámosvos que 

trasladamos a festa ao pavillón do Barrio das Flores

mantendo a mesma data, 22 de xuño, e o mesmo horario, de 16:30 a 19:30.

Pregámosvos que traiades calcetíns antideslizantes para as nenas e nenos e calzado deportivo para as persoas acompañantes.

Pola normativa do pavillón, non se pode comer no seu interior, polo que repartiremos as merendas a partir das 17:30 para que as tomedes no exterior.

Mantemos as actividades e só anulamos a festa da escuma. No seu lugar faremos obradoiros súper divertidos.

Cambiamos de ubicación, pero non as ganas de pasalo ben!

Información importante:

  • Cando? Mércores 22 de xuño de 16:30 a 19:30 h.
  • Onde? No pavillón polideportivo do Barrio das Flores.
  • Que preciso? Calcetíns antideslizantes para os nenos e nenas e calzado deportivo para as persoas acompañantes. Os menores de tres anos poden acompañar ao resto da familia e non precisan entrada (pero levádelles a súa propia merenda).
  • Que haberá na festa? Inchables (para infantil e primaria), moita música en directo, obradoiros, xogos tradicionais e merenda incluida.
  • Que obrigas temos? Desfrutar da festa e pasalo ben, acompañando aos vosos fillos e fillas e sendo responsables e respetuosos co coidado das instalacións e a recollida do lixo. Non está permitido comer no interior do pavillón.

  • Agardámosvos!