Campacole 2026
Prezadas familias:
📣 Tal e como vos adiantamos e como seguro que xa poidestes comprobar na información publicada polo Concello da Coruña, este ano o noso cole volve ser sede de Campacole do 22 de xuño ao 31 de xullo. Queremos animar a todas as familias que o precisen a inscribirse no noso campacole, para que todos os nenos e nenas poidan desfrutar ao máximo das actividades no lugar onde máis lles gusta estar: o seu cole e o seu patio.
📃 A preinscrición no campacole é posible para as seguintes quendas:
- Quenda 1: do 22 de xuño ao 3 de xullo (24 de xuño festivo autonómico, sen actividade).
- Quenda 2: do 6 de xullo ao 17 de xullo.
- Quenda 3: do 20 de xullo ao 31 de xullo.
🕙 O campacole ten lugar no seguinte horario:
- Horario diario: de 10:00 a 14:00 h.
- Madrugadores: de 08:30 a 10:00 h., (con ou sen servizo de almorzo).
- Comedor: de 14:00 a 15:30 h. (podéndose recoller aos participantes a partir das 15:00 h).
🪙 A cota de inscrición é de 40 euros (por quenda), 20 euros (madrugadores sen almorzo), 36 euros (madrugadores con almorzo) e de 60 euros (comedor).
O alumnado beneficiario da bolsa comedor no curso 2025-26 terá unha bonificación do 50% na cota do Campacole. Este desconto non se aplica aos servizos de madrugadores nin de comedor. Seguro de accidentes: 5,00 € (exentos deste pago os participantes matriculados en calquera programa ofertado pola Federación de ANPAs no curso 2025-26).
🗓️ O prazo de inscrición estará aberto do 4 ao 7 de maio, e dispoñedes de toda a información nas ligazóns ao final desta nova.
ℹ️ Toda a información ampliada na ligazón seguinte á web do Concello da Coruña e tamén no seguinte díptico:
A inscrición e pago farase a través da app de familias da Federación

