Candidaturas Renovación Consello Escolar

30.10.2026

Prezadas familias:

Do 29 de outubro ao 6 de novembro ata ás 14:00 h., está aberto o prazo para presentar candidaturas á renovación de dous postos de representación de familias no Consello Escolar do noso cole. Segundo as instruccións publicadas na páxina web do colexio, as candidaturas poden enviarse por mail ao enderezo  ceip.ramon.sagra@edu.xunta.gal, ou ben presentalas físicamente na secretaría do centro.

Desde a ANPA, apoiamos con entusiasmo a participación de novas familias interesadas en formar parte do Consello, especialmente ás familias dos cursos máis baixos, xa que coa súa implicación poden iniciar un percorrido de colaboración máis longo no centro. Sabemos que o que fortalece e enriquece a nosa Comunidade Educativa é a participación activa e comprometida do maior número de familias posible.

A vosa participación é esencial para construír, entre todas as familias, un proxecto educativo que creza e se fortaleza ao longo do tempo. Animámosvos a presentar e apoiar as novas candidaturas, e a participar activamente nestas eleccións.

Medramos e enriquecémonos coa colaboración de todas e todos. Contamos convosco!

Moitas grazas.