Chocolatada e feira de artesanía a beneficio do alumnado de 6º de Primaria

18.12.2024

Prezadas familias:

🎉 Chega un dos momentos máis agardados do curso! O próximo venres 20, a partir das 17:00 h., o noso colexio encherase de alegría, sabor e creatividade coa Chocolatada e Feira de Artesanía organizada polo alumnado de sexto de Primaria.

🍫 Unha tarde máxica agárdavos:

➡️ Poderedes gozar dun delicioso chocolate quente acompañado dun pasteliño.

➡️ Ademais, teredes á vosa disposición unha feira de artesanía repleta de creacións únicas e feitas con esmero polos nosos alumnos e alumnas.

📆Para poder asistir, teredes que mercar as vosas entradas, son só 3 € por persoa, que inclúe dereito a merenda composta por unha cunca de chocolate e un doce. Podedes mercalas na entrada o mesmo día (só se permite o acceso á comunidade educativa do CEIP Ramón de la Sagra).

🎟️Cada entrada é moito máis ca un pase ao evento: é unha contribución para que o alumnado de sexto de primaria faga realidade a súa excursión de fin de curso. Este será un recordo inesquecible para eles, xa que se despedirán do cole cunha experiencia única grazas ao voso apoio

🌟Axudádenos a consolidar esta tradición! Este evento xa forma parte da nosa comunidade escolar e queremos que sexa unha cita fixa no calendario.

🕔Apuntádeo nas axendas, vinde disfrutar dunha tarde especial, feita con todo o cariño polos rapaces e rapazas de sexto.

🙏 Esperámosvos con moita ilusión e gratitude! 💖

💫 ¡Non faltedes!