Comunicado ás familias ante os primeiros casos COVID-19 no centro

Benqueridas familias:

Dende a ANPA queremos suscribir a mensaxe de tranquilidade emitida dende o centro.
A ANPA ven traballando conxuntamente coa dirección do centro, no referente a posibles contaxios e contaxios confirmados, priorizando, como non podía ser doutro xeito, a información e pasos a seguir primeiro ás familias afectadas. Existindo, por tanto, moi boa comunicación coa dirección e estando informados en todo momento das posibles situacións que se poidesen dar. Cumprindo en todo momento cos protocolos dictados tanto pola Xunta de Galicia como polo Ministerio de Sanidad.