Comunicado ás familias de cara ao curso 2020-2021

Benqueridas familias:

Con este artigo queremos tratar diferentes temas importante de cara ao próximo curso:

  1. Comedor e madrugadores: Vaise ofertar o servizo para o curso que ven e pódese facer a preinscripción ata o 21 de xullo na páxina de Arume, coma todos os anos. En principio, este año non se vai a reservar praza, soamente se pre-inscribirá, xa que estamos suxeitos ás condicións que se den a partires do 1 de setembro (aforos) e nese momento decidirase como actuar, sendo a empresa Arume quen marque as pautas de selección e recolla a información necesaria en caso de exceder os aforos pautados polas autoridades (Xunta e Sanidade) priorizando en todo momento a necesidade de conciliación das familias.
  2. Cóxegas: Estamos á espera de ter información para poder confirmar o comezo en setembro. Informarase na nosa web.
  3. Altas e renovacións ANPA: Informarase do procedimento a partir do 1 de setembro.
  4. Actividades: Mantense o mesmo cadro de actividades do pasado curso (publicado na web). Informarase a partir de setembro das novedades en aforos (en función da situación do momento e as indicacións das autoridades e a dirección do colexio) e de posibles variacións de prezos.
Durante estos meses estivemos en contacto permanente coa dirección do centro, organismos oficiais e proveedores, esperando ata a última reunión do Consello Escolar, para poder trasladar estas indicacións supeditadas a novos cambios, evolución da pandemia e posibles gromos, contando por tanto con moi pouca información sobre procedimentos, aforos, etc. a día de hoxe.


Comunicar tamén a importancia de seguir calquer indicación a través da nosa web, que se vai convertir na principal canle de comunicación coas familias.

Agardamos que pasedes un bo verán!

Saúdos.