Convocatoria asemblea extraordinaria

08.05.2026

Prezadas familias,

Dende a Xunta Directiva da ANPA, convocamos a todas as familias socias a unha Asemblea Extraordinaria o luns 18 de maio de 2026, ás 16:00 en primeira convocatoria e ás 16:30 en segunda, na biblioteca do colexio, coa seguinte orde do día:

  1. Votación para a elección da empresa que xestionará os servizos de comedor escolar, madrugadores e cambiadores a partir do curso 2026–2027. As familias podedes consultar a información dos proxectos das empresas Arume e Jardanay na seguinte ligazón da nosa páxina web: Proxectos comedor e ao final desta publicación. Tamén dispoñedes de copias impresas na secretaría do centro, para a súa consulta no horario de secretaría.
  2. Información de interese sobre a actividade extraescolar, obras e programación do vindeiro curso.

A decisión sobre a empresa que se fará cargo dos servizos será tomada na asemblea. Podedes traer o voto cuberto o propio día ou, en caso de non pode asistir, depositar previamente á asemblea, a papeleta que podedes descargar da ligazón ou recortar da circular impresa entregada, na caixa de correo "buzón" da ANPA. Abrirase o día da asemblea para engadir ao reconto os votos depositados. Só serán válidos os ben cumprimentados.

A información está accesible para todas as familias e comunidade educativa, pero o dereito a participar na votación é exclusivo das familias socias da ANPA.

As nenas e nenos poden acompañarvos sen problema o día da asemblea. 

Moitas grazas pola vosa participación.