Convocatoria asemblea xeral ordinaria 2026

12.06.2026

Prezadas familias,

Comprácenos convocar a todas as familias socias á asemblea xeral ordinaria da ANPA que terá lugar o luns 22 de xuño de 2026, ás 17:30 h. en primeira convocatoria e ás 18:00 h. en segunda convocatoria, na biblioteca do centro, coa seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior. Para axilizar a xuntanza, recomendamos lela previamente, xa que está accesible na seguinte ligazón: Acta Asemblea 2025
  2. Información sobre cuestións de especial interese xeral: comedor, obras e grupos de colaboración.
  3. Exposición da memoria anual de actividades da asociación, realizadas no curso 2025-2026. Podedes lela previamente, xa que está accesible na ligazón: Memorias de actividades
  4. Presentación do estado das contas da asociación e aprobación se procede. Podedes consultalas previamente na web, na sección Tesourería
  5. Información, acordos a tomar e aprobación se procede dos seguintes temas: Subvención de comedor, Educador para Madrugadores, Libros de texto, Cota da entrada ás festas para familias non socias, APP de xestión.
  6. Modificación e renovación de membros da Xunta Directiva da ANPA. Presentación de candidaturas ata o venres 19 de xuño ás 21:00h.
  7. Rogos e preguntas.

Se tedes algunha proposta ou suxestión para tratar na asemblea, podedes envialas ao mail da ANPA e serán engadidas e tratadas no punto 7 da presente orde do día. Para que poidan ser incluídas e poidamos organizar os tempos da asamblea, pregámosvos que nolas fagades chegar antes do venres 19 de xuño ás 21:00 h.

Dada a importancia dos temas a tratar, esperamos contar coa vosa presenza e, para facilitala, contaremos con servizo de conciliación para as nenas e nenos que o precisen.

Recibide un cordial saúdo.

ANPA RASA.