Inscrición Cóxegas en Setembro

01.09.2023

Prezadas familias:

Parece que foi onte cando rematamos o curso escolar e xa estamos cada día máis preto do inicio dun novo. Dende todo o equipo da ANPA queremos compartir coas familias toda a ilusión e enerxía para este novo inicio e volta á rutina. Seguro que entre todas e todos poderemos seguir fortalecendo a nosa comunidade educativa, e enriquecendo a aprendizaxe e experiencia das nosas fillas e fillos, afrontando con unidade os novos retos que temos por diante.

Nesta nova queremos informar de que xa está aberta a inscrición no programa Cóxegas de setembro e podedes realizala no portal da Federación de ANPAS ata o martes 5 de setembro (incluido), na seguinte ligazón: 

Queremos destacar certos cambios que se producen a partir deste curso que teñen que ver cos períodos de realización deste programa, así como tamén coa política de cotas a aplicar para os beneficiarios de bolsa de comedor:

  • Inscrición: do 1 de setembro ao 5 de setembro (incluido).
  • Prezo: 15 € por participante. Ademais, todos os escolares deberán aboar 4 € en concepto de seguro de accidentes. Os escolares beneficiarios de bolsa comedor no presente curso, deberán aboar o 50% da cota do programa (7,5 €).
  • Período de realización: Dende o luns 11 de setembro ata o venres 29 de setembro
  • Horario de realización: De luns a venres, das 16 ata as 18 horas. O horario de asistencia será o elexido por cada participante no formulario de inscrición. Neste programa non se contempla a posibilidade da entrada á actividade ás 17:00 h. (sí a saída, sempre e cando o participante teña marcada esa opción na inscrición).
  • Ratio: Mínimo 10 escolares por tramo de idade (infantil e primaria) para formar grupo.
  • Desde este curso, o programa Cóxegas pasa a impartirse só durante este período do mes de setembro. No mes de xuño, darase continuidade aos programas que se imparten durante o curso escolar, polo que comezarán o 2 de outubro de 2023 e rematarán o 21 de xuño de 2024.

Lembrade que está aberto o prazo de renovación da condición de familias socias da ANPA para o vindeiro curso 2023-2024. Tedes toda a información na seguinte ligazón:

Moitas grazas.