Inscrición Cóxegas de setembro

02.09.2026

Prezadas familias:

O programa Cóxegas, organizado desde a Federación de ANPAs, ofrece unha solución para a conciliación familiar e laboral no propio centro educativo as tardes do 9 ao 30 de setembro, período no que as ANPAs non desenvolven actividades extraescolares. Hoxe, mércores 2 de setembro, remata o prazo de inscrición. Podedes consultar os detalles na seguinte ligazón:


Lembrade que está aberto o prazo de renovación da condición de familias socias da ANPA para o vindeiro curso 2026-2027. Tedes toda a información na seguinte ligazón:

Moitas grazas.