Volve Cóxegas en Setembro

01.09.2022

Prezadas familias:

Xa estamos cada día máis preto do inicio deste novo curso escolar. Dende todo o equipo da ANPA queremos compartir a nosa ilusión e enerxía con todas as familias. Seguro que entre todas e todos poderemos xerar espazos e actividades encamiñadas a fortalecer a nosa comunicade educativa e, polo tanto, enriquecer a aprendizaxe e experiencia das nosas fillas e fillos.

O pasado venres 26 de agosto, a Federación de ANPAs nos comunicou que recibiran a indicación do Concello de ofertar a actividade de Cóxegas en setembro. Desde ese momento, dende o equipo da ANPA apostamos por esta actividade pública a pesar da pouca marxe de actuación.

Esta decisión obriga a cancelar o contrato coa empresa que xa vos presentaramos (Xogos da Amizade) para as actividade de conciliación de setembro (Conciliaxogos). 

A inscrición en Cóxegas xa está aberta e podedes realizala no portal da Federación de ANPAS ata este domingo 4 de setembro (incluido), na seguinte ligazón: 

  • Inscrición: do 31 de agosto ao 4 de setembro (incluido).
  • Prezo: 15€ por participante. Ademais, todos os escolares deberán aboar 4€ en concepto de seguro de accidentes. Os escolares beneficiarios de beca comedor no presente curso, estarán exentos do pago da cota do programa (15€), ainda que deberán aboar o seguro de accidentes (4€)
  • Período de realización: Dende o xoves 8 de setembro ata o venres 30 de setembro
  • Horario de realización: De luns a venres, das 16 ata as 18 horas. O horario de asistencia será o elexido por cada participante no formulario de inscrición.

A actividade deportiva seguirá sendo o centro de interese desta actividade.

Lembrade que está aberto o prazo de renovación da condición de familias socias da ANPA para o vindeiro curso 2022-2023. Tedes toda a información na seguinte ligazón:

Moitas grazas.