Enquisa de necesidades acerca das Actividades Extraescolares 2025-2026

28.04.2025

Prezada comunidade educativa:

Como sabedes, todos os cursos poñemos á vosa disposición unha sondaxe para coñecer as vosas necesidades en canto a conciliación e preferencias sobre as actividades extraescolares para o vindeiro curso

Este ano, atendendo ás vosas suxerencias, adiantamos a data da enquisa para que teñades máis tempo para cubrila (ainda que só vos levará 2 minutos) e para dispoñer antes da información que permita elaborar un cadro de Actividades Extraescolares para o curso 2025-2026 o máis axustado posible ás necesidades de cada familia.

Precisamos da vosa participación para coñecer as vosas necesidades de conciliación e intereses, axeitado aos gustos e preferencias dos vosos nenos e nenas. Pedímosvos a TODAS AS FAMILIAS que cubrades a enquisa, tanto se fostes usuarias dalgunha actividade este ano coma se non; tanto se pensades participar nalgunha o vindeiro curso, coma se non tedes previsto facelo. Non vos levará máis de dous minutos e hai un lugar para cada resposta. Tedes de prazo ata o domingo 1 de xuño e debedes cubrir a enquisa unha vez por familia.

Cos resultados que se obterán das enquisas de valoración das actividades actuais e cos que se obteñan desta enquisa de necesidades, a ANPA elaborará o novo cadro de actividades para o curso 2025-2026

Para que poidades organizar mellor o vindeiro curso escolar, a nosa intención é que antes de que remate o curso actual contedes co programa de Actividades Extraescolares para o curso 2025-2026.

Moitas grazas pola vosa participación.  Podedes acceder á enquisa na seguinte ligazón: