Enquisas de avaliación sobre Servizos de Conciliación e Actividades Extraescolares do curso 2024-25
Prezadas familias:
A pouco máis dun mes para que remate o curso queremos pedir de novo a vosa colaboración para recoller a vosa opinión sobre os servizos de conciliación xestionados dende a ANPA: Agarda con Nós, Madrugadores e Comedor, e sobre a satisfacción coas Actividades Extraescolares durante este curso.
O obxectivo destas enquisas é coñecer a valoración que facedes as familias usuarias destes servizos imprescindibles do centro e recoller suxerencias e aspectos de mellora. É fundamental que os vosos fillos e fillas participen nas enquisas, pois eles son os que mellor coñecen os servizos e as actividades e todas as achegas van dirixidas a mellorar a calidade e calidez dos servizos.
Pregámosvos a máxima participación a todas as familias que fixestes uso dos servizos ou das actividades durante este curso. Serán apenas 5 minutos do voso tempo e teñen carácter anónimo.
Na enquisa de servizos podedes expresar a vosa opinión sobre Agarda con nós, sobre o servizo de madrugadores e/ou sobre o comedor (comida servida, o persoal que atende o servizo, as instalacións, a empresa, así como calquer outra cuestión que vos apeteza achegar).
Na enquisa de actividades podedes expresar a vosa opinión sobre cada unha das actividades na que participan este curso os vosos fillos ou fillas (satisfacción xeral, educadores, suxerencias de mellora, etc).
Estas enquisas estarán activas ata o próximo 13 de xuño, día no que as pecharemos para recopilar os resultados, atendendo así ás vosas suxerencias de dispor de máis tempo para poder cubrilas.
Podedes acceder a elas desde as seguintes ligazóns:
Lembrade que, se aínda non o fixestes, ata o 1 de xuño tedes aberta a enquisa de necesidades e preferencias sobre as actividades extraescolares para o curso que ven 2025-26. Non esquezades achegar as vosas necesidades nesta enquisa, tanto se fostes usuarias dalgunha actividade este ano coma se non; tanto se pensades participar nalgunha o vindeiro curso, coma se non tedes previsto facelo. Non vos levará máis de dous minutos e hai un lugar para cada resposta. Esta enquisa está accesible na seguinte ligazón:
Moitas grazas pola vosa participación.