Enquisas de avaliación sobre Servizos e Actividades Extraescolares do curso 2025-26 e de consulta para o vindeiro curso

12.05.2026

Prezadas familias:

A pouco máis dun mes para que remate o curso queremos pedir de novo a vosa colaboración para recoller a vosa opinión sobre os servizos de conciliación xestionados dende a ANPA: Agarda con Nós, Madrugadores, Cambiadores e Comedor, e sobre a satisfacción coas Actividades Extraescolares durante este curso 2025-26 que remata.

O obxectivo destas enquisas é coñecer a valoración que facedes as familias usuarias destes servizos imprescindibles do centro e recoller suxerencias e aspectos de mellora. É fundamental que os vosos fillos e fillas participen nas enquisas, pois eles son os que mellor coñecen os servizos e as actividades e todas as achegas van dirixidas a mellorar a calidade e calidez dos servizos.

Pregámosvos a máxima participación a todas as familias que fixestes uso dos servizos ou das actividades durante este curso. Serán apenas 5 minutos do voso tempo e teñen carácter anónimo. 

Na enquisa de servizos podedes expresar a vosa opinión sobre Agarda con nós, e sobre os servizos de madrugadores, cambiadores e/ou  comedor (comida servida, o persoal que atende o servizo, as instalacións, a empresa, así como calquer outra cuestión que vos apeteza achegar). 

Na enquisa de avaliación de actividades podedes expresar a vosa opinión sobre cada unha das actividades na que participan este curso os vosos fillos ou fillas (satisfacción xeral, educadores, suxerencias de mellora, etc).

Podedes acceder a elas desde as seguintes ligazóns:

Ademais, tedes á vosa disposición unha enquisa sobre as actividades extraescolares para o curso que ven 2026-27. Non esquezades achegar as vosas opinións nesta enquisa, tanto se fostes usuarias dalgunha actividade este ano coma se non; tanto se pensades participar nalgunha o vindeiro curso, coma se non tedes previsto facelo. Non vos levará máis de dous minutos e hai un lugar para cada resposta. Esta enquisa está accesible na seguinte ligazón:

Todas estas enquisas estarán activas ata o próximo 24 de maio, día no que as pecharemos para recopilar os resultados. 

Moitas grazas pola vosa participación