Valoración de Extraescolares e Servizos 2023-2024. Participa para mellorar!

22.05.2024

Ola familias:

Cando queda xa menos dun mes para rematar este curso, como cada ano, precisamos da vosa participación e colaboración. No noso compromiso constante de transparencia e de acadar uns servizos de calidade e calidez para os nenos e nenas do noso centro, precisamos da vosa voz e das vosas opinións para seguir mellorando.

Publicamos dúas enquisas de valoración moi importantes:

  • Enquisa de Actividades Extraescolares 2023-2024. Se participastes nalgunha actividade extraescolar durante este curso, precisamos que enviedes cuberto o formulario por cada escolar inscrito. Podedes acceder a esta enquisa na seguinte ligazón:

  • Enquisa de Servizos 2023-2024 (Agarda con nós, Madrugadores e Comedor). Como usuarias dalgún destes servizos neste curso, precisamos que enviedes cuberta unha enquisa por familia, valorando aqueles servicios nos que participaron os vosos fillos ou fillas. Podedes acceder a esta enquisa na seguinte ligazón:

Tan só vos pedimos que adiquedes un par de minutos do voso tempo para encher cada unha das enquisas. En todas as preguntas podedes achegar as vosas inquedanzas e suxerencias. Para nós será de moita axuda e poderemos transformar a información que nos aportedes nun coñecemento moi valioso, que axudará a seguir construíndo o mellor cole posible.

Como podemos mellorar? Que cambios vos gustaría ver? Canto disfrutaron os vosos fillos e fillas das extraescolares? Que opinan do comedor? Accedede ás enquisas, cubrídeas en familia e compartide con nós as vosas opinións e ideas.

Moitas grazas pola vosa participación.

ANPA RASA