Estreamos nova web

06.10.2020

Benqueridas familias:

Queremos comunicarvos que a ANPA estrea nova páxina web!

Trátase dunha páxina web totalmente renovada, máis dinámica, máis sinxela, adaptada a dispositivos móviles e con contidos actualizados. Consideramos que a web é unha canle fundamental de comunicación da ANPA cos socios, e por iso vos presentamos esta nova versión, que agardamos sexa máis atractiva e amigable, como unha ferramenta útil de consulta para as familias do centro.

Queremos destacar unha nova sección de Novas, máis chamativa visualmente e onde poderedes consultar dun vistazo toda a información publicada e estar ao día das actividades e servizos, así como de calquera outra información de interese, especialmente neste curso diferente, derivado das circunstancias sanitarias nas que nos atopamos. Ademáis, incorpórase unha subsección específica de Novas COVID-19, onde resaltaremos todo o relacionado coa publicación e cambios en protocolos, ou calquer circunstancia que poda afectar ao normal desenrolo das actividades por este motivo.

Outra novidade importante que poñemos en marcha neste curso, e que engadimos na nova web, é a posibilidade de facer a alta ou renovación como socio da ANPA mediante un formulario online, desde a sección Asóciate!, sendo esta a maneira preferente para facelo.

Poderedes consultar toda a información actualizada con respecto a todos os servizos que xestiona a ANPA desde a sección Servizos.

Por último, non deixedes de consultar calquera duda ou aportar suxerencias. Desde a nova páxina web, podedes facelo na sección Contacto, ou ben mediante os canais habituais (mail ou teléfono).

NOTA: DESDE A DIRECTIVA DA ANPA RASA QUEREMOS MOSTRAR PÚBLICAMENTE O NOSO AGRADECEMENTO A UN PAI DUN NENO DE INFANTIL, QUE DE MANEIRA TOTALMENTE DESINTERESADA SE PUXO EN CONTACTO CONNOSCO COA INTENCIÓN DE OFRECER OS SEUS COÑECEMENTOS INFORMÁTICOS PARA POÑELOS AO NOSO SERVIZO, E GRAZAS A EL A WEB DA ANPA DISPÓN DESTA NOVA VERSIÓN.

Moitas grazas a todos pola vosa atención.