Festa da Primavera

10.05.2023

Prezadas familias,

O alumnado de sexto de primaria convídavos a participar nun evento moi especial: a Festa da Primavera. Con moita ilusión levan semanas organizando esta xornada na que poderemos pasar unha tarde no cole en familia, participando de todo o que están a preparar. Non deixedes de vir e colaborar!

Todo o alumnado do centro recibiu persoalmente a súa invitación, que aquí vos compartimos para que reservedes un oco na tarde deste venres 12, desde as 17 ata as 20 horas:

Recibide un cordial saúdo.