Festa de entroido

10.02.2023

Prezadas familias,

Queremos seguir anunciando tan boas novas e, nesta ocasión, poder contar co voso apoio tamén para festexarO vindeiro venres 17 de febreiro imos celebrar, no recinto do centro, unha FESTA DE ENTROIDO de 17:00 a 18:30 horas

  • Familias socias ANPA: entrada de balde (a cuota anual de socios xa inclúe o seu custo). Non teñen que mercar entrada. É suficienteimprescindible presentar o novo carné de socio, enviado nestos días por email, para poder acceder ao recinto.
  • Familias non socias: imprescindible mercar entrada de forma anticipada:
  • Prezo: 10 € por cada alumno ou alumna.
  • A venda anticipada de entradas será no comedor no seguinte horario:
  • Martes 14, mércores 15 e xoves 16, de 09:00 a 09:30 horas
  • Mércores 15, de 17:00 a 18:00 horas.
  • Non se venderán entradas o día da festa.
  • Peche de portas ás 17:20.
  • Saída ás 18:30.
  • Irmáns menores (0-3) non escolarizados non precisan entrada e poden acompañar ás familias.

As nenas e nenos de 6º de primaria teñen preparadas moitas novidades coas que desfrutaremos moito e ademáis venderán unhas merendas exquisitas. Así, entre todos e todas, axudarémoslles a cubrir gasto da excursión de fin de curso. O custo destas merendas será de 2 € cada unidade.

Haberá espazos de xogo, talleres, animación musical,... Recibiredes máis información a principios da vindeira semana. Pero reservade o oco na vosa axenda.

Grazas pola vosa participación e colaboración.