Festa de fin de curso

09.06.2022

Prezadas familias:

Comprácenos anunciarvos a festa de fin de curso:

Información importante:

  • Cando? Mércores 22 de xuño de 16:30 a 19:30 h.
  • Onde? No patio do colexio. A entrada será polo portalón, onde se fará o control de acceso. En caso de chuvia, trasladeremos a festa ao Pavillón Polideportivo do Barrio das Flores, avisando previamente.
  • Que preciso? Adquirir as vosas entradas de forma anticipada para amosalas no acceso ao recinto.
  • Canto custa? De balde para os nenos e nenas socias da ANPA no vixente curso. Para o resto, 5 € por neno ou nena. Os menores de tres anos poden acompañar ao resto da familia e non precisan entrada (pero levádelles a súa propia merenda).
  • Como conseguimos as entradas se somos unha familia socia? Tedes dúas formas:
  • Na nosa web na seguinte ligazón, ata as 23:59 horas do día 14 de xuño:
  • De forma presencial no local da ANPA no seguinte calendario:

15 e 16 de xuño de 9:00 a 10:00 e de 16:30 a 17:45

  • Como conseguimos as entradas se NON somos unha familia socia? Podedes mercalas por 5€ de forma presencial no local da ANPA no seguinte calendario:

15 e 16 de xuño de 9:00 a 10:00 e de 16:30 a 17:45

  • Que haberá na festa? Inchables (para infantil e primaria), moita música en directo, obradoiros, xogos tradicionais, merenda incluida e festa da escuma se o tempo acompaña (non esquezades traer o necesario para poder disfrutar dela: chanclas, bañador, toalla, etc.)
  • Que obrigas temos? Desfrutar da festa e pasalo ben, acompañando aos vosos fillos e fillas e sendo responsables e respetuosos coa recollida do lixo nos puntos que se habilitarán.

Agardamos a vosa asistencia!

Moitas grazas.