FIN DE CURSO 2021

22.06.2021

Benqueridas familias:

Antes de nada, a directiva da ANPA desexa que todas as familias vos atopedes ben de saúde, e que esta pandemia vos teña afectado o mínimo posible, de corazón así o desexamos.

Queremos tamén aproveitar esta oportunidade para felicitar a todos os nosos alumnos polo comportamento exemplar que tiveron durante todo o curso, véndose recompensado pola baixa incidencia de contaxios no noso colexio, SODES UNS CAMPIÓNS E UN EXEMPLO PARA TODOS.... Neste sentido, tamén é xusto recoñecer a profesionalidade e o bo facer do equipo de profesores, que souberon crear un ambiente de normalidade baseado na seguridade e o cumprimento dos protocolos establecidos, GRAZAS A TODOS.

Xa non queda nada para pechar este curso, que pasará á historia e perdurará no noso recordo para sempre, pero o certo é que podemos dicir PROBA SUPERADA. Agora espéranos unha nova etapa de cara ao curso 21/22, da que estamos seguros se parecerá máis ao que coñeciamos e considerábamos normal.

A día de hoxe non podemos avanzar aínda ningunha novidade sobre a planificación do comezo do novo curso, xa que será EDUCACION a que nos marque as pautas para seguir en función da situación epidemiolóxica existente nese momento. Soamente vos podemos asegurar que temos todo preparado para os novos retos que se poidan presentar, e para dar resposta ás necesidades das familias, sexa cal fora a situación.

Queremos lembrarvos as melloras que se foron incorporando durante este curso e que facilitan a relación cos nosos socios e os nosos provedores, por exemplo a nova páxina web por onde podedes estar ao día de todas as novidades. Tamén podedes xestionar as altas e renovacións de maneira máis sinxela.

Tamén vai significar un avance importante a nova App do noso provedor de comedor (da cal recibíchedes información), para darse de alta de cara ao novo curso dixitalmente, e xestionar de maneira máis eficaz as asistencias dos nosos alumnos. Tamén lembrar a incorporación dun servizo de cambiador de roupa e do servizo de conciliación ata as 16:30 h.

Seguiremos traballando e esforzándonos para mellorar en todos os ámbitos, para o que necesitamos tamén da vosa colaboración. Pedímosvos e agradecemos que acheguedes, a través do formulario da web do ANPA, todas as iniciativas que consideredes oportunas e necesarias.

O vindeiro ano imos afrontar retos ilusionantes que dan resposta a algunhas das peticións que vimos demandando desde hai anos, e que por fin se van a materializar despois de tanto traballo e horas de reunións e peticións. Referímonos máis concretamente á tan necesaria obra de ampliación do comedor, da cal sabemos que está todo listo para empezar a finais do curso próximo aproveitando o período de vacacións do verán de 2022. Segundo nos vaia informando a concellería de educación de datas e prazos, iremos informando puntualmente.

Xa para finalizar só queremos facervos dúas peticións: que gocedes todo o posible deste verán, e que esteades moi atentos á nosa páxina web para estar informados de cómo se vai a empezar o novo curso e a planificación de horarios e actividades que poderíamos ofrecer ....

BO VERÁN PARA TODOS!!!

ANPA RASA