Xornada de formación para familias: Comprendendo a conduta infantil
Prezadas familias:
Compartimos a información dunha xornada de formación dirixida a familias, organizada pola Federación de ANPAs e coa colaboración do Concello da Coruña e da Xunta de Galicia, baixo o título:
Comprendendo a conduta infantil: berrinches, medos e regulación emocional.
🗓 Data: 9 de maio (sábado)
🕘 Horario: 9:00–13:30
📍 Onde: Fórum Metropolitano – Sala Marilyn Monroe (Rúa Monelos, 1 - A Coruña)
👩🏫 Poñentes: Lorena Cotelo (terapeuta ocupacional) e Jacobo Mosquera (educador social).
🎟 Inscrición: aberta ata o 7 de maio.
🔍Contidos da xornada: Durante a sesión abordarase, de maneira clara e práctica, algúns dos retos máis frecuentes que aparecen na infancia:
- Berrinches e estalidos emocionais: Que ocorre no cerebro cando un neno ou nena perde o control e como acompañar estes momentos sen entrar en loitas constantes.
- Medos infantís: Por que aparecen, cando forman parte do desenvolvemento normal e como axudar aos nenos e nenas a afrontalos con seguridade.
- Regulación emocional: Como aprenden a xestionar a frustración, a espera ou os límites, e cal é o papel do adulto neste proceso.
- Comprender a conduta: Que hai detrás de comportamentos como a oposición, o enfado intenso ou a dificultade para aceptar normas.
- Acompañar con seguridade: Estratexias para soster as emocións dos nenos e nenas desde o respecto, combinando afecto e límites claros.
- O papel da familia: Como a contorna familiar inflúe na seguridade emocional e no desenvolvemento da autonomía e a responsabilidade.
- Xogos/xoguetes: Cales favorecen o desenvolvemento, fortalecen o vínculo e son axeitados en cada etapa.
👨👩👧👦Para quen é esta formación? Esta formación está pensada para axudar ás familias a comprender mellor a conduta dos seus fillos e fillas, reducindo a sensación de desbordamento e ofrecendo ferramentas prácticas para o día a día.
Para facer a inscrición, que remata o día 7 de maio, picade na ligazón seguinte:
https://forms.gle/QedMgecrX2ZSvVY68
Agardamos que sexa do voso interese.

