Gala Coruña Corre 2024
Prezadas familias:
Como ben sabedes, Coruña Corre é o circuíto de carreiras populares organizado polo Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña. Son moitas as familias do noso centro as que, de xeito espontáneo, se inscriben no circuíto e representan ao CEIP Ramón de la Sagra á vez que participan neste evento deportivo. Por iso, por terceiro ano consecutivo, o noso cole acadou o primeiro premio na clasificación da categoría de Centros Educativos. Parabéns por logralo un ano máis!! 🎉

Ao remate de cada edición ten lugar a gala de entrega de premios do circuito e, por iso hoxe queremos compartir nesta nova o convite para que as familias participantes podan acudir á XI Gala de Entrega de Trofeos do Circuito Coruña Corre da Edición 2024 e presentación da XII Edición 2025, que terá lugar mañá venres, 17 de xaneiro ás 20:15 horas, no Salón de Actos do Centro Sociocultural Ágora. A apertura de portas para acceder ao Salón de Actos será dende as 19:30h. Para poder asistir, simplemente tedes que retirar a vosa entrada gratuíta accedendo a través desta ligazón:
https://www.eventbrite.es/e/gala-xi-circuito-coruna-corre-tickets-1090963303609
Na entrada que se vaia a obter, indicar nome do neno ou nena e centro escolar, no noso caso, Ramón de la Sagra.
Animádevos a participar no evento e recibir en familia o noso merecido trofeo. Na seguinte ligazón tedes máis información sobre o evento:
https://www.coruna.gal/web/gl/actualidade/novas/nova/search/suceso/1453885342046
Agardámosvos.