Gala de peche de Actividades Extraescolares 2022-23

22.05.2023

Prezadas familias, mestras e mestres, nenas e nenos,

Temos o pracer de convidarvos á gala de peche de actividades extraescolares, dos programas educativos da Federación de ANPAs, do curso 2022-23, que terá lugar este xoves 25 de maio, de 16:30 a 17:45 (hora de finalización aproximada), coa seguinte programación:

  • 16:00 h: Entrada no colexio só para o alumnado que actuará na gala. Serán recollidos polos educadores e educadoras responsables para preparar as correspondentes actuacións de cada actividade. As familias agardan fóra do recinto ata as 16:25 h, hora na que poderán entrar, xunto con todo o público que asista á gala.
  • 16:30 h: Comezo das actuacións da gala no patio cuberto do colexio. 

Ao remate de cada actuación, os nenos e nenas quedan cos seus educadores e as familias recóllenos ao final da gala, na porta do patio cuberto.

O alumnado que normalmente inicia a actividade ás 17:00 h. deberá chegar igualmente ás 16:00 h. o día da gala. 

Os nenos e nenas usuarias de comedor, xa irán directamente cos educadores da actividade correspondente, do xeito habitual. 

Lembrade que nesta gala non actuará o alumnado que participa na actividade de Sonicreques, que contará cos seus propios días para a súa celebración.

Ao remate da actuación, farase un recoñecemento ao alumnado participante na pasada edición do circuito de carreiras populares Coruña Corre, no que se entregará aos protagonistas o premio acadado como gañadores na clasificación de Centros Educativos e presentarase a camiseta deseñada para a promoción e participación no circuito deste ano. 

Animádevos todos e todas a vir e gozar dunha tarde excepcional coa que comezaremos a darlle a despedida a este curso por todo o alto.

Recibide un cordial saúdo.