Gañamos! Grazas!

16.01.2023

Prezadas familias,

Comprácenos que a primeira nova do ano sexa para anunciar que a proposta de mellora do patio resultou a máis votada nos orzamentos participativos ao acadar 720 apoios. Grazas ao esforzo de todas e todos, xa estamos máis preto de ver como se transforma nun espazo máis verde, máis inclusivo, mellor.

Hoxe foi publicada a listaxe das propostas gañadoras, que podedes consultar na seguinte ligazón:

Este resultado tan emocionante supón contar cos recursos para materializar as primeiras fases do proxecto de remodelación integral, e garantir que os nosos nenos e nenas poderán contar co espazo humano que merecen.

Compartimos a alegría cos outros centros educativos que acadaron orzamento para as súas propostas, á vez que nos doe especialmente o prexuizo aos nenos e nenas de colexios que non terán o orzamento para melloras básicas e imprescindibles. É unha mágoa que estas melloras dependan da capacidade de convocatoria de cada comunidade educativa, por constituir dereitos que entendemos básicos para o benestar dos nenos e nenas.

Foi moito o esforzo e a implicación de todas as familias e celebrarémolo como corresponde, para pechar este proceso e mirar xa cara ao seguinte, conscientes do que podemos facer cando todos e todas traballamos cara un único obxectivo.

Moitas grazas, de ❤️.