Xa sabedes que, quen avisa...

17.04.2023

Prezadas familias,

Xa vos comentamos que nos agardaba un terceiro trimestre cheo de actividade.

Pois comezamos!

O martes 18 de abril creamos a nosa HORTA no cole, ás 17:00. Será estupendo compartir toda a comunidade educativa un espazo no que traballaremos en familia e disfrutaremos coas mans na terra. Non faltedes!

Por outra banda, temos en marcha o programa IMCITIZEN, pensado e dirixido ás nenas e nenos de 5º de Primaria. As familias, xunto coas nenas e nenos de quinto, tiveron unha xuntanza cos responsables deste interesante programa de participación cidadá na infancia, onde as nenas e nenos que puideron asistir, debatiron nas aulas de 5º A e 5º B e, despois dunha dinámica de sondaxe entre eles, elixiron os martes e xoves, de 16:00 a 17:00, os días para ás 5 sesións que celebrarán este curso. Aínda estades en prazo para anotarvos.

Para as familias que non puidestes participar o día da xuntanza, deixamos a continuación, a información da mesma e as follas de autorización. Con elas asinadas, podedes entregalas ás titoras, e a familia e as nenas e nenos, xa poden participar no programa:

Vémonos mañá, martes 18, ás 17:00, na nova Horta do Ramón! E non deixedes de consultar a nosa web para non perdervos ningunha novidade.

Un saúdo.