Información importante e datas. Peche de curso 2025-2026
Prezadas familias:
⚠️ Todas as actividades extraescolares continúan ata o 19 de xuño ⚠️
O curso académico está a piques de rematar, pero antes temos que anunciarvos varias datas, nas que terán lugar os seguintes importantes e agardados eventos (lede ata o final):
- Venres 5 de xuño: Primeira tarde de acción en familia para darlle un toque especial ao comedor. De 16:30 a 21:00 h, podedes incorporarvos cando poidades. Traballaremos en equipo, faremos "pequenas" melloras, e os nenos e nenas terán as súas propias misións. Ao final da tarde pediremos unhas pizzas para celebrar o traballo feito.
- Venres 5 de xuño: Exhibición peche actividades Sonicreques grupos dos venres. Infantil ás 16:00 h. e Primaria ás 17:00 h. Na biblioteca do centro.
- Luns 8 de xuño: Exhibición peche actividades Sonicreques dos grupos dos luns. Infantil ás 16:00 h. e Primaria ás 17:00 h. Na biblioteca do centro.
- Luns 8 de xuño, ás 18:00 h: Xuntanza coas familias de 5º de Primaria para o arranque da organización do fin de curso de 6º. Na biblioteca do centro.
- Martes 9 de xuño, de 16:15 h a 17:30 h: Exhibición de peche Actividade de Ludiverso Infantil. Varios espazos do centro.
- Mércores 10 de xuño, de 16:15 a 17:30 h. Exhibición peche Actividades da parte de Ludiverso de Patinaxe e English Lab, tanto de Infantil como de Primaria, que terá lugar en varios espazos do centro (patio cuberto e patio exterior), nos seguintes horarios:
- De 16:15 a 16:45 h: English Lab Primaria
- De 16:45 a 17:00 h: Patinaxe Infantil
- De 17:00 a 17:15 h: English Lab Infantil
- De 17:15 a 17:30 h: Patinaxe Primaria
- Venres 12 de xuño: Segunda tarde de acción en familia para seguir mellorando o comedor e deixar todo listo para o curso que vén. De 16:30 a 21:00 h. podedes sumarvos cando vos vaia mellor. Continuaremos traballando en equipo, afinando detalles e creando un espazo máis acolledor; os nenos e nenas terán novas misións para poñer en práctica o seu talento. E, como non, ao rematar celebraremos o esforzo con outra rolda de pizzas.
- Martes 16 de xuño, de 16:15 h a 17:30: Exhibición de peche Actividade de Ludiverso Primaria. Terá lugar nas bancadas do patio exterior se o tempo acompaña.
- Mércores 17 de xuño: Exhibición peche actividades Sonicreques do grupo do mércores de infantil ás 16:00 h. Na aula de música, 2º andar.
- Mércores 17 de xuño: Acto de Graduación do alumnado de 6º de Primaria. Terá lugar nas bancadas do patio exterior se o tempo o permite. En caso de non ser así, será na biblioteca do centro.
- Venres 19 de xuño, ás 13:45, as familias que poidades, achegádevos ao centro para facer unha homenaxe ao alumnado de 6º de Primaria, que remata a súa andaina no noso centro. Faremos un corredor de despedida para simbolizar esa saída do centro no que estiveron 9 cursos e se fixeron maiores, para desexarlles o mellor na súa seguinte aventura no instituto.
- Venres 19 de xuño, de 17:00 a 19:30 h: FESTA DE FIN DE CURSO. A tan agardada festa de peche de curso terá lugar, se o tempo o permite, no patio do colexio. A entrada será de balde para as familias socias (a cuota anual xa inclúe o custo da entrada). O prezo da entrada para familias non socias será de 15 € por neno ou nena. No caso das familias non socias, poderán mercar entrada o propio día da festa nun posto habilitado na entrada. Prestade atención, porque en caso de choiva, avisaremos do traslado da festa ao pavillón polideportivo do Barrio das Flores. Neste caso, tede en conta que na pista, por motivos de aforo, só poderán estar acompañados os nenos e nenas desde 4º de Infantil a 2º de Primaria. O resto de familias poden estar nas bancadas (gradas). Pero confiamos en que non vai chover! Proximamente, teredes máis información sobre a festa 😉
- Luns 22 de xuño, de 16:30 a 17:30 h: Xuntanza informativa sobre Actividades Extraescolares e Servizos de conciliación.
- Luns 22 de xuño: Rematada a xuntanza de actividades e servizos, terá lugar a asemblea ordinaria de familias socias da ANPA, ás 17:30 h. en primeira convocatoria e ás 18:00 en segunda convocatoria. Máis información proximamente na propia convocatoria. Desde as 16:30 haberá servizo de canguraxe para poder asistir e conciliar, onde os educadores e educadoras prepararán uns xogos de auga para os nenos e nenas que queiran participar.
| 📅 Data | ⏰ Hora | Evento | Lugar |
|---|---|---|---|
| Venres 5 de xuño | ⏰ 16:30 - 21:00 | 🏗️Primeira tarde de acción en familia para darlle un toque ao comedor | 🍽️ Comedor |
| ⏰ 16:00 - 17:00: Infantil | 🎼 Exhibición peche Actividades Sonicreques Infantil e Primaria dos venres | 📚 Biblioteca | |
| ⏰ 17:00 - 18:00: Primaria | |||
| Luns 8 de xuño | ⏰ 16:00 - 17:00: Infantil | 🎼 Exhibición peche Actividades Sonicreques Infantil e Primaria dos luns | 📚 Biblioteca |
| ⏰ 17:00 - 18:00: Primaria | |||
| ⏰ 18:00 | 🗣️ Xuntanza coas familias de 5º de Primaria para o arranque da organización do fin de curso de 6º | 📚 Biblioteca | |
| Martes 9 de xuño | ⏰ 16:15 - 17:30 | 🎨 Exhibición de peche Ludiverso Infantil | 🏫 Varios espazos |
| Mércores 10 de xuño | ⏰ 16:15 - 16:45: English Lab Primaria | ⛸️ Exhibición peche Actividades da parte de Ludiverso de Patinaxe e English Lab 🏴 de Infantil e Primaria | 🏟️ Patio cuberto |
| ⏰ 16:45 - 17:00: Patinaxe Infantil | 🌿 Patio exterior | ||
| ⏰ 17:00 - 17:15: English Lab Infantil | 🏟️ Patio cuberto | ||
| ⏰ 17:15 - 17:30: Patinaxe Primaria | 🌿 Patio exterior | ||
| Venres 12 de xuño | ⏰ 16:30 - 21:00 | 🏗️Segunda tarde de acción en familia para darlle un toque ao comedor | 🍽️ Comedor |
| Martes 16 de xuño | ⏰ 16:15 - 17:30 | 🎭 Exhibición de peche Ludiverso Primaria | 🌿 Patio exterior |
| Mércores 17 de xuño | ⏰ 16:00 - 17:00 | 🎼 Exhibición peche Actividades Sonicreques Infantil dos mércores | 🎶Aula de música, 2º andar |
| ⏰ 17:00 | 🎓 Acto de graduación de 6º de Primaria | 🌿 Bancadas do patio exterior | |
| Venres 19 de xuño | ⏰ 13:45 | 👏 Corredor de despedida ao alumnado de 6º de Primaria | 🌿 Patio exterior |
| ⏰ 17:00 - 19:30 | 🎊 Festa de fin de curso | 🌿 Patio do colexio (en caso de choiva: 🏟 Pavillón polideportivo Barrio das Flores) | |
| Luns 22 de xuño | ⏰ 16:30 - 17:30 | 🏊♀️Xuntanza informativa sobre Actividades Extraescolares e Servizos de Conciliación | 📚 Biblioteca |
| ⏰ 17:30 (1ª convocatoria) - 18:00 (2ª convocatoria) | 📝 Asemblea familias socias da ANPA |
Estamos desexando celebrar con vós todos estes eventos.
Ademáis, tamén haberá unha tarde para que as familias de nova incorporación poidan visitar o comedor (informaremos) e, xa durante o mes de xullo, actualizaremos información para que poidades solicitar os libros do banco de préstamo solidario da ANPA (alumnado de 3º a 6º de Primaria que non obtivese fondolibros ou só o teña parcialmente, pero lembrade solicitalo antes do 19 de xuño), alta/renovación de familias socias, comedor, etc. Non deixedes de visitar a web e consultar as nosas redes sociais.
Recibide un agarimoso saúdo.

