
O curso está a piques de comezar
Prezadas familias:
Sen apenas decatarnos... setembro xa chegou! 🌞📚
Agardamos que poiderades desfrutar dun verán cheo de momentos especiais e merecido descanso.
Agora toca poñerse en marcha: o novo curso 2026–2027 está á volta da esquina, e comezamos o mércores 9 con moita ilusión, ganas e novas propostas.
Nesta publicación atoparedes toda a información destacada para comezar con bo pé, así como as novidades sobre as actividades extraescolares 🎨🤸♀️ nas que xa podedes inscribirvos.
Imos con forza, con ideas frescas e coa enerxía que merece este novo capítulo.
💥 Comezamos!
Ábaco:
Ábaco é a nova app que comezamos a usar este curso e na que recibiredes todas as comunicacións oficiais, avisos e novidades da ANPA de xeito directo e rápido no voso móbil. Ademais de ser a nosa canle de información principal, a través de Ábaco poderedes asociarvos á ANPA de forma 100% dixital ou inscribirvos no servizo de Agarda con Nós. Podedes descargala en https://abacoapp.es/apps. O resto de inscricións teñen que facerse directamente a través das plataformas de cada empresa:
- Cóxegas e Ludiverso: app Federación.
- Sonicreques a través de Clubber.
- EdukaJudo na súa web.
- Comedor, Madrugadores e Cambiadores: web de Jardanay.
Cóxegas:
Unha vez finalizado o prazo de inscrición, a actividade Cóxegas iniciará o mesmo mércores 9 de setembro, no seguinte horario:
- Luns, martes, mércores e xoves de 16:00 a 18:00 h.
- Venres de 16 a 17:00 h.
Esta distribución horario débese ao número de inscricións en cada unhas das opcións horarias. Polo tanto, o venres que a actividade remata ás 17:00 horas non será posible prolongala ata as 18:00 horas.
Agarda con Nós:
Do mesmo xeito, tamén a partir do día 9, seguiremos contando co espazo de conciliación Agarda con Nós. Podedes solicitalo na aplicación Ábaco na opción de Servizos. Toda a informacion na ligazón:
Alta/renovación de familias socias:
Para asociarvos ou renovar a condición de familia socia para o curso 2026-27 tedes que empregar a nova APP Ábaco, que podedes descargar en: https://abacoapp.es/apps A condición de familia socia da ANPA renóvase de forma anual mediante o abono da cota de 25€ por familia. Toda a información na ligazón:
Libros de texto de 3º a 6º de Primaria:
Para todas aquelas familias que non puideron consultar a lista de libros concedidos no FondoLibros da Xunta, podedes facelo e solicitar os libros que non teñades ao banco de préstamo da ANPA ata o luns 7 de setembro.
Toda a información na seguinte sección:
Actividades Extraescolares:
Unha vez presentada a proposta de actividades extraescolares para o curso 2026–2027, lembrámosvos que o prazo de inscrición continúa aberto ata o 13 de setembro 🗓️✏️
Todas as actividades desenvolveranse entre o 1 de outubro de 2026 e o 21 de xuño de 2027, ofrecendo un amplo abano de opcións pensadas para enriquecer o día a día do alumnado.
Tal e como se explicou na xuntanza informativa do pasado 22 de xuño, seguimos apostando por unha oferta pública, de calidade, seguindo a liña do noso centro, baseada no traballo por proxectos, e que garanta a participación activa de todas as nenas e nenos 👧👦
📌 Podedes consultar toda a información detallada e o cadro de actividades na seguinte sección:
Alta/renovación dos servizos de comedor e madrugadores:
JARDANAY é nova empresa encargada do servizo de comedor e madrugadores. Para facer uso dos servizos tedes que solicitar a alta dos mesmos a través da súa web https://comedores.jardanay.es Toda a información na sección actualizada da web para o presente curso:
Arrancamos un novo curso!
Moitas grazas pola vosa atención e colaboración.
